28 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG saca adiante na Deputación unha moción que reclama unha intervención pública urxente con participación do Estado e da Xunta para que “as cubas non se paren”

01-07-20

 Lugo, 30 de xuño de 2020.- O grupo provincial do BNG sacou adiante no pleno desde martes unha moción que “reclama ao Estado e á Xunta intervir Alcoa e retornala ao ámbito público para manter os postos de traballo que dependen do complexo industrial de San e o futuro económico e social da comarca da Mariña”.
O voceiro nacionalista urxiu aos dous gobernos a “poñer solucións enriba da mesa para o aluminio porque”, advertiu, “o reloxo corre en contra dos intereses dos traballadores e da comarca da Mariña e quédanos moi pouco tempo”.
No debate da moción, no que PP e PSOE defenderon a xestión de Xunta e goberno do Estado, Efrén Castro apuntou que “aquí non se trata de buscar culpables ou de pasarse a pelota. Ese tempo xa pasou. Hai dous gobernos que teñen que poñerse a salvar a situación porque Alcoa xa dixo, alomenos publicamente, que para eles a factoría de San Cibrao non ten futuro. É unha multinacional e ten outros intereses. Polo tanto o único que pode salvar agora a situación da Mariña é a nacionalización, ou intervención, chámanlle como queiran. A nos válenos”, apuntou.
O voceiro nacionalista aludiu ao informe presentado este luns pola Cig no que se debullan os aspectos xurídicos do procedemento de intervención, dacordo co marco normativo europeo e estatal.
A moción, que tamén reclama a creación dunha tarifa eléctrica galega que abarete o prezo da enerxía en Galiza para as electrointensivas e para o resto do tecido industrial e dos consumidores, aprobouse cos votos a favor do PSOE e a abstención do Partido Popular.
O voceiro nacionalista afeou a abstención dos populares cando se reclama “o mesmo que piden os traballadores e o comité de empresa e que é a única solución posible unha vez que Alcoa dixo publicamente que non lle interesaba seguir coa produción en San Cibrao”.
O deputado do BNG sumarase á manifestación que terá lugar mañá en Santiago de Compostela.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive