06 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O goberno de Mondoñedo inicia as reunións participativas en todas as parroquias do municipio

31-07-20

 Mondoñedo, a 31 de xullo de 2020. O goberno municipal de Mondoñedo fai da participación cidadá nos asuntos do municipio unha das liñas guía do seu traballo. Ao igual que en anos anteriores desde 2016, os membros do goberno local manterán reunións cos veciños de todas as parroquias para coñecer de primeira man cales son as súas preocupacións con respecto ás infraestruturas e servizos, co fin de adoptar as medidas encamiñadas a atender as súas demandas.

A primeira das reunións celebrarase o próximo luns, día 3, na parroquia de Couboeira. Será ás 20.30 horas, diante da igrexa.

En total están programadas trece reunións nas distintas parroquias do municipio. O obxectivo do grupo de goberno (PP) do Concello é coñecer cales son as prioridades dos veciños. O feito de que estas reunións se celebren nesta época débese a que así o goberno local dispón desta información fundamental para elaborar o presuposto municipal para o próximo exercicio económico; pode así programar as partidas correspondentes ás obras a executar ou aos servizos a mellorar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive