11 de Agosto de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Servicio Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta vai reparar nos próximos días o firme nas rotondas de Verxeles, Ecce Homo e a Estación de Autobuses, dando resposta ás reiteradas solicitudes do Concello de Viveiro

13-07-20

Co fin de evitar problemas de tráfico, o equipo de goberno de Viveiro tomou a decisión de realizar o traballo en horario nocturno a partir das 23:00 horas. Se as condicións atmosféricas o permiten, a empresa de mantemento de Infraestruturas, Copasa, ten planificado repoñer o aglomerado nas noites do martes 14, mércores 15 e xoves 16 do presente mes. Inicialmente, estaba previsto comezar estas obras o pasado 5 de xullo, sendo preciso naquel momento aprazar o seu inicio. O Concello de Viveiro pide disculpas á veciñanza polas molestias que as obras poidan provocar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive