28 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

En setembro está previsto que dea comezo un novo obradoiro de emprego destinado a persoas mozas dos concellos de Barreiros e Ribadeo

15-08-20

 Ribadeo, 14 de agosto de 2020. En setembro está previsto que dea comezo un novo obradoiro de emprego destinado a persoas mozas dos concellos de Barreiros e de Ribadeo. Este mediodía tivo lugar un encontro de traballo entre o concelleiro de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida.
O edil ribadense explicou que “hoxe reunímonos para ultimar os preparativos do obradoiro de emprego Vencellos da Memoria, a través do cal se ten previsto crear 16 postos de traballo para mozos e mozas de Ribadeo e Barreiros durante un ano”.
Vizoso Galdo dixo que “este obradoiro de emprego, que ten previsto comezar a mediados de setembro conta cun orzamento próximo aos 370.000 euros. Está cofinanciado pola Consellería de Industria e Emprego da Xunta e polo Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe de máis do 90%”.
PabloVizoso e Ana Ermida destacaron “a importancia deste obradoiro neste momento nos que a crise da Covi-19 está mermando as capacidades económicas e laborais das persoas así como a negativa repercusión no mercado laboral e o aumento do desemprego e que está afectar de forma significativa as persoas máis novas”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local dixo que “o programa de emprego denominado Vencellos da Memoria dará emprego durante un ano a 16 alumnos/as traballadores/as, persoas mozas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de Produción Fotográfica e Operacións de Gravación e Tratamento de Datos e Documentos. O traballo e as actividades que se desenvolverán dentro deste obradoiro serán a organización e dixitalización de parte da documentación dos arquivos dos Concellos de Barreiros e de Ribadeo”.
O edil nacionalista engadiu que “as persoas que desexen participar na selección como alumnado deberán apuntarse na oficina do Servizo Público de Emprego de Ribadeo, ademais nos próximos días serán publicadas as bases de participación nas respectivas sedes electrónica dos Concellos, onde se concretarán as características dos diferentes procesos de selección”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive