24 de Setembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CCOO ve con preocupación a postura de Alcoa con respecto á operación de venda da Fábrica de San Cibrao

12-09-20

 Cervo, 12 de setembro, 2020. Como xa é coñecido, dentro das negociacións do proceso de consultas do ERE, que afectaba a 534 traballadores da planta de Aluminio de Alcoa, ademais doutros 500 compañeiros e compañeiras das compañías auxiliares, pactouse o abrir un proceso de venda en exclusiva que, consideramos que está a ser boicoteado por Alcoa dunha forma vergoñosa.
Os valores que di ter esta compañía están moi lonxe de ser realidade, filtracións de documentación e de cuestións sobre o proceso de negociacións a un medio de comunicación para tentar que GFG abandone a súa pretensión de dar continuidade á única fábrica que España ten de Aluminio primario.
A mala fe que demostra non querer facilitar o contrato de Alúmina máis aló de 5 anos, cando a propia Alcoa asinou para as plantas de Noruega, non hai tanto tempo, contratos de máis de 10 anos. Ademais, falta por aplicar unha rebaixa, anunciada hai un ano, por Roy Harvey de 1,6 millóns de toneladas de Alúmina para os próximos 5 anos, cantidade exacta coa que se produce en San Cibrao.
Os Gobernos de España e a Xunta de Galicia deben esixir, dunha forma contundente, que esta empresa, que gozou dun porto en concesión en exclusiva e un encoro de auga doce, co apoio de ambos e de toda a sociedade, non permitindo que xoguen dunha forma tan autoritaria coa vida dunha comarca e cun sector estratéxico e esencial desde o pasado 30 de marzo.
É por todo iso que esiximos, a todas as partes, unha compravenda rápida, sen utilizar aos traballadores e as súas familias como arma arreboladiza ademais de esixir a Alcoa que negocie co obxecto de chegar a un acordo sen bloquear a situación xa que, a propia ALCOA despois de anos de beneficiarse de axudas das administracións e de apoio de todos os Gobernos , xerou o problema que agora debe de resolver, permitindo a continuidade do centro de San Cibrao a través dunha compañía que está disposta a poñer en marcha un proxecto industrial sólido que permita o mantemento de todos os postos de traballo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive