26 de Outubro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Arias lembra que a Xunta ofrece asesoramento sobre medidas de prevención do coronavirus no entorno laboral a través do ISSGA

15-10-20

 Lugo, 15 de outubro de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembra que o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) ofrece ás empresas asesoramento técnico sobre as medidas de seguridade a implementar no entorno laboral fronte á pandemia da covid-19.

O delegado visitou hoxe as instalacións do instituto en Lugo e mantivo unha xuntanza de traballo co xefe do centro, Manuel Gasalla, na que se puxo de manifesto que esta materia ocupa actualmente un lugar prioritario na actuación do organismo, dependente da Consellería de Emprego e Igualdade.

Así, o ISSGA elaborou guías cos protocolos a observar nos distintos sectores de actividade -que están a disposición dos interesados na súa páxina web-, e tamén responde a cuestións concretas que xorden das empresas e traballadores ou de entidades como clusters ou asociacións empresariais, entre outras. Dende marzo ata setembro, no conxunto de Galicia atenderon 700 consultas deste tipo.

Paralelamente, continúa desenvolvendo as súas funcións habituais, entre as que destaca a investigación dos accidentes de traballo co fin de coñecer as causas que os provocan, e dende a perspectiva do sinistro como risco laboral prevenible. Os seus informes técnicos serven de apoio á autoridade laboral ou sanitaria, ou no ámbito xudicial. Ao respecto, cabe lembrar que o ISSGA colabora coa Fiscalía de Galicia para a investigación eficaz e rápida dos delitos contra a vida, a saúde e a integridade física das persoas traballadoras.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive