27 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Praza do Conde Santo de Lourenzá, acollerá un acto da campaña En Negro Contra as Violencias o vindeiro mércores, 25N

20-11-20

 Lourenzá, 20 de novembro de 2020. A Praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá un acto da campaña En Negro Contra as Violencias o vindeiro mércores, 25N, ás doce do mediodía. As actividades foron presentadas hoxe, venres, pola alcaldesa, Rocío López, e a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra.

A rexedora municipal anunciou que “un ano máis o Concello de Lourenzá súmase a campaña En Negro Contra as Violencias. O mércores 25 de novembro terá lugar na Praza do Conde Santo a lectura dun manifesto e repartirase material entre os asistentes. Así mesmo ó longo de toda a semana a pancarta En Negro pendurará no balcón da casa consistorial e os Cocos de Lourenzá volverán vestir un ano máis de negro, para dar visibilidade a esta loita contra a violencia machista”.

Rocío López explicou que “neste ano as circunstancias marcadas polo Covid fai complicada a programación de actividades presenciais polo que dende o Concello invitamos a todos os axentes sociais (comercio, hostalería…) e a toda a veciñanza en xeral a participar nesta campaña a través das redes sociais, tinguindo o noso concello de Negro. Poden descargar todo o material na web ennegrocontraasviolencias.gal ou ben chamando ao teléfono dos Servizos Sociais: 982.121.036. Os hashtag serán #EnNegroContraAsViolencias, #EnNegro2020, #GaliciaEnNegro, #QuerémonosVivas e #NonEstásSoa. A maiores de todo isto na páxina do Concello presentarase a foto e o vídeo do acto do 2019 contra a violencia de xénero da escola de patinaxe ED Lourenzá. Tamén a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade vanse repartir máscaras para sensibilizar a poboación contra a violencia cara ás mulleres”.

A concelleira Mercedes Dengra destaca “a importancia de visibilizar este problema que segue tan presente na nosa sociedade, e se cabe máis aínda agora, debido a que as medidas adoptadas na loita contra a pandemia do Covid 19 fixeron empeorar as circunstancias das mulleres vítimas de violencia de xénero”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive