NOTA DE PRENSA:
O GPPP ESIXE Á BESTEIRO QUE ASEGUREN A CONTINUIDADE DO SAN RAFAEL
* José Manuel Barreiro demanda “claridade e transparencia” no proceso de transferencias dos hospitais da Deputación ó Sergas
* Os populares consideran que os traballadores é os pacientes teñen dereito a saber qué vai a pasar co centro sanitario
* Lamentan que haxa “discrepancia de pareceres”·entre socialistas e nacionalistas sobre este asunto e instanos a que “se aclaren”
Castro de Rei, 18 de novembro de 2008.- O GPPP manifestou hoxe nunha rolda de prensa celebrada en Castro de Rei, fronte as dependencias do Hospital San Rafael, que a Deputación e a Xunta deben garantir a continuidade deste centro hospitalario.
O vocerio dos populares na Deputación, José Manuel Barreiro, acompañado de membros do PP local, Arturo Pereiro e Francisco Balado, e de deputados provinciais, manifestou que tanto a Deputación coma a Xunta están deixando que se sementen dúbidas sobre o futuro deste centro hospitalario porque o proceso de transferencias ó Sergas, que tamén afecta ó hospital San José, “non se está a desenvolver coa claridade e transparencia que debería”. “A provincia, os traballadores, os internos, as súas familias e o propio concello de Castro estanse xogando moito neste asunto”, suliñou.
Barreiro explicou que o seu grupo está a favor da transferencia á Xunta dos centros hospitalarios da Deputación, “pero non de calquera xeito ou por meros motivos partidistas ou de rendabilidade electoral”. Nese senso, indicou que “o proceso hai que facelo con rigor, sen perder nunca de vista os intereses colectivos”, o tempo que apuntou que os hospitais psiquiátricos de Conxo, Rebullón e Toén manteñen o seu carácter provincial pese a estar adscritos ó Sergas.
A FAVOR DA SÚA CONTINUIDADE.-
Neste contexto, José Manuel Barreiro defendeu a postura do Partido Popular de Castro de Rei, que se postula pola continuidade do funcionamento do centro dada a súa vital importancia para a economía do concello. Recalca, ademais, que a incertidume que se está creando é negativa para todos, e só xenera desconfianza en todos os sectores implicados.
Criticou a este respecto que os propios traballadores do centro sanitario non están a ser informados por parte dos responsables da administración provincial da fase na que se atopa o proceso de transferencias e teñan que enterarse polos medios de comunicación “das novidades que se producen”.
Pola súa banda, os representantes do Partido Popular de Castro de Rei Arturo Pereiro e Francisco Balado manifestaron que entre os cidadáns do concello se está xenerando unha sensación de frustración. Algo que consideran lóxico dado que as noticias que se van coñecendo non auguran nada bo, e os veciños témense o peor: que o centro peche.
Neste contexto instan ó alcalde, que tamén é deputado provincial, a que faga pública a información da que dispoña, dado que, tras aprobar unha moción na que defendía a continuidade do psiquiatrico, nas últimas declaracións que fixo sobre o asunto, e que foron recollidas polos medios de comunicación, avogaba pola reconversión do hospital nun xeriátrico e nunha escola de capacitación agraria.

















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



