../category/cronica/
Crónica
../category/cronica/
Un programa pensado para contribuír á conciliación das familias durante as vacacións escolares. As inscricións formalizaranse na Casa da Cultura ou no Concello ata o 22 de marzo.
Unha sesión que marca o inicio da XII Lexislatura coa elección da Mesa da Cámara e a toma de posesión dos 75 deputados e deputadas dos catro partidos políticos que obtiveron representación tras as eleccións autonómicas do 18 de febreiro. O mandatario provincial desexoulles aos novos deputados e deputadas sorte na nova etapa e moitos acertos que redunden no progreso e benestar dos veciños e veciñas da provincia de Lugo.
“Estamos facendo actuacións de forma continua para manter Viveiro nas mellores condicións e o máis ordenado posible”, sostén Míriam Bermúdez. Este tipo de tarefas continuarán nas próximas semanas por diferentes zonas de Viveiro.
Nel actualizáronse coñecementos sobre a reanimación cardiopulmonar e o uso dos desfibriladores. A rexedora, Dolores García Caramés, estivo con eles/as durante a sesión.
Esta actividade encádrase dentro da programación do club de lectura A carón dos libros que promove a libraría. É unha proposta aberta para todo o público que quera asistir.
Berta Dávila é unha das voces máis orixinais dentro da nova narrativa galega tanto nos temas que aborda como nas técnicas de escrita que escolle. Foi merecente do premio nacional da crítica en 2019 pola novela 'Carrusel' e do premio Xerais de narrativa 2021 por 'Os seres queridos'. Ademais de narrativa tamén é autora do poemario 'A Raíz da fenda' polo que acadou o premio nacional da Crítica en 2013. 'A ferida imaxinaria' é a súa última novela que ven de ser publicada por Edicións Xerais.
A vindeira convocatoria será o 20 de marzo ás 17:00 horas, para limpar o Camiño Pedrosa en San Cibrao. O punto de encontro será o Centro de Saúde. As persoas interesadas en participar poden anotarse na oficina de voluntariado na Casa da Cultura ou no teléfono 982 59 51 57.
A socialista tomou posesión como Deputada no Congreso celebrado este martes, tras a renuncia de José Ramón Gómez Besteiro á súa acta.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital