Sorteos
O próximo sábado 27 de marzo "Os Aventados" celebrarán a reunión de primavera en San Cibrao. Nela farán a presentación do libro guía do viaxeiro "Desde Viveiro por Britonia" e entregarán os premios "Árdelle o Eixo e Árdelle o Carro". Tamén renovarán os cargos directivos.
ACISA/CCA Ribadeo celebra asemblea xeral ordinaria o 22 de marzo na antiga Casa Sindical. A orde do día inclúe Exame e aprobación, si procede, das contas xerais de ingresos e gastos dos exercicios 2.008 e 2.009; informe de actividades realizadas e aprobación, si procede, do presuposto do ano 2.010; días de apertura do comercio en domingos e festivos; convocatoria de proceso electoral.
Despois de que o pasado 28 de febreiro, o desfile que organizaban as alumnas e alumnos do Ciclo Medio de Perrucaría do IES PERDOURO, foro suspendido por mor do temporal Xynthia, a data agora elixida pasa a ser o domingo 14 de marzo. Terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela.
Organizado pola Xunta de Confradías de Semana Santa de Viveiro coa colaboración do Concello de Viveiro, o domingo día 14, celebrarase un concerto do coro Amigos de Compostela, ás oito da tarde, no Teatro Pastor Díaz.