28 de Novembro de 2020

Correo | Favoritos  | Imprimir   

... isto é o que atopamos

“Dende un pobo”, por Antonio Gregorio Montes

22-09-20

Son de pobo. Si, nese sentido que ás veces empregan os ‘de cidade’ de xeito pexorativo (‘ese é de pobo’). Son de pobo porque nacín e vivo nun pobo. Pero tamén porque son do mundo. Dunha aldea global, onde por moitos habitantes que teña, se non nos coñecemos ‘todos’, si temos a oportunidade de coñecernos: […]



“Volta ó cole sen programación”, por Antonio Gregorio Montes

07-09-20

As programacións son a expresión dun sistema que na actualidade constitúe a base e a estrutura do ensino regulado. Xeneralizando -e deixando para outro momento a discusión educación / ensino, necesaria pola confusión de hai moitos anos entre ambos termos na regulación e nas cabezas de moita xente- na estrutura educativa funciónase en base a […]



“A normalidade non voltará: que bonita terriña… e como nola estamos cargando”, por Antonio Gregorio Montes

06-09-20

Vai rematando o verán, e no ciclo estacional, achegándose o outono. Un ano máis, como se ven producindo por milenios e miles de milenios. Normal… aparentemente. De sempre, por pequenas flutuacións, non hai dous anos iguais, dos outonos iguais… por moito que a Terra siga a ter equinoccios ou solsticios periódicos virtualmente idénticos. É momento […]



“Negando, que é xerundio (pero iso do xerundio non importa)”, por Antonio Gregorio Montes

01-09-20

O conto dos Marx, ‘Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros’, está camiño de converterse dunha parodia, a unha verdade universal. Os motivos desa conversión en cada quen xa caen na intranscendencia, o caso é conseguir os fins propostos, sexan cales sexan e no campo que sexa. Un exemplo: non se […]



“Un para todos, todos para un: Isaac”, por Antonio Gregorio Montes

22-08-20

Recibo nova de que mañá, 22 de agosto, é o centenario do nacemento de Isaac Diaz Pardo. E, como primeiro impulso, vou á Galipedia e comprobo, e, de paso, volto sobre a súa biografía. Estamos no verán, nun verán atípico, e desconectado das noticias que machacan o vivir diario, decátome de que estes días xa […]



“Novelle”, por Antonio Gregorio Montes

14-08-20

Pode que non o coñezas: non foi político, nin artista, nin celebridade mediática… mais a súa influencia a nivel Galicia non é desprezable. Coñecín a Javier Novelle no ano 2000. Coñecímonos. Ou máis ben, deba dicir coñeceume: preparando el a 5ª edición do Día da Ciencia na Rúa, tivo noticia da Feira da Ciencia que […]



“Que define o éxito?”, por Antonio Gregorio Montes

12-08-20

Máis dunha vez teño sentido que cousas que para min eran exitosas, para outra xente non o eran, e viceversa. Aí entran gustos, perspectivas, intereses… ó fin, diferentes criterios. Pero se a nivel particular podemos inferir todos eses flecos que fan diversa a resposta, podemos facelo asemade a nivel social? E con algo relacionado coa […]



“Tempos de desinformación”, por Antonio Gregorio Montes

05-08-20

Nestes tempos tense acentuado un feito que ven de lonxe: custa moito menos desinformar que informar. De sempre foi así: para informar fai falta ser capaces de coller un feito, comprendelo e dalo a coñecer de xeito fiable. Para desinformar só fai falta dicir. O que sexa. Tanto é así que ás veces, algo que […]



“225”, por Antonio Gregorio Montes

19-07-20

A fotografía amosa o aforo nun parque. Coincide que é no parque infantil de Ribadeo, pero iso é máis que nada, unha anécdota. Podería ser outro lugar: hai moitos outros aforos, noutros lugares, dos que se podería facer consideracións semellantes. E o dos aforos é só unha das facetas das novas normas a conto do […]



“Amnesia. Que pasou onte?”, por Antonio Gregorio Montes

14-07-20

Onte foi un día normal. Con algunha pequena variación, un día ‘vello-normal’. Había xente nas catedrais. Menos que se non estiveramos illados, mais normal. En Ribadeo, o nordés axustou un típico día soleado de xullo. Normal. As rúas baleiras a primeira hora dun domingo daban unha apariencia de normalidade. Máis tarde, pouca xente pola rúa. […]