Pasatempos

Co motivo das Letras Galegas, a Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organizou o sábado 18, unha tarde de teatro a cargo do grupo teatral "O Batán" de Cangas. Os actores representaron a obra "Cambadelas" e todos os asistentes disfrutaron dunha tarde de risas e entretemento.
Este pasado sábado, día 18, celebrouse na Casa da Cultura de Alfoz a primeira sesión de monólogos programados para este mes de maio. Estaba prevista a actuación de Luís Miguel Yáñez, que por problemas de saúde tivo que ser substituída pola de Matías Nicieza. Xunto a Matías Nicieza actuou tamén Eduardo Domínguez. Ambos son colaboradores habituais da Radio Valadouro. Matías falou das súas experiencias no mundo do cine e Eduardo centrou o seu monólogo no tema do matrimonio e dos recortes. Para o vindeiro sábado, día 25, están previstos os monólogos de Luís Miguel Yáñez e Susana Álvarez.
Relatorio sobre a vida e a obra de Roberto Vidal Bolaño da man de Pablo Mosquera, que irá seguido dunha actuación das cantareiras de Airiños do Xunco. Os actos continuarán coa entrega de premios da XXIX edicióndo Concurso literario convocado por esta asociación. O peche musical a este día porao o dúo Maika e Juani, que deleitarán ao público con temas baseados na literatura galega. Será a partir das 18:30 horas no salón de actos da Casa do Concello. Organiza Airiños do Xunco coa colaboración do Concello.
Organizado pola Asociación Cultural "O Castelo", celebrouse este día 17 na Casa da Cultura de Alfoz un acto cultural que contou con dobre oferta. En primeiro lugar o escritor e profesor Lionel Rexes, membro do Seminario de Estudos do Valadouro, deu unha conferencia sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño. A continuación o grupo de teatro "O Bordelo" de Cervo representou a obra titulada "Apedradas", orixinal do seu Director Paco Piñeiro.
O pasado xoves, día 16, véspera das Letras Galegas, o programa Parolando, seguindo o seu costume de tratar temas relacionados co idioma galego nestas datas, organizou un debate para falar da posible existencia dunha arte típicamente galega. Os invitados foron Daniel Río "Caxigueiro", escultor mindoniense residente en San Martiño, e Xoán Guerreiro, pintor de Xove, ós que acompañaron os habituales colaboradores do programa Matías Nicieza e Ruth Rodríguez. Tamén houbo dúas entrevista, a Iria Braña, gañadora do concurso de Parlamento Xove co Instituto de Foz, e a Patricia, co-propietaria da Asociación "Meniños" de Burela, ademais da sección de Curiosidades de Pepe de Xermán.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, ven de finalizar os traballos de conservación e mellora do río Baos, ao seu paso polo concello de Lourenzá. Estas tarefas de mantemento dun treito que alcanza os 5,7 quilómetros na parroquia de Vilanova, están enmarcados no programa de conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Norte e as súas zonas de acceso e protección. Os traballos centráronse na retirada de árbores e ramas caídas no leito, así coma a retirada dos residuos inorgánicos presentes no treito. Grazas a estas actuacións que supuxeron un orzamento de preto dos 5.500 euros, o río amosarase despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluídas das augas.
O certame de narración e debuxo “Letras Galegas 2013” A toda máquina convocado pola Biblioteca de Lourenzá xa ten gañadores. Jerom Moirón fíxose co premio na categoría A (ata 8 anos) tanto en debuxo coma en narrativa. Nerea Álvarez e Claudia Carril resultaron gañadoras tamén en narrativa na mesma categoría; mentres que en debuxo tamén alcanzaron as posicións gañadoras Adriana Polo e María Sánchez. Javier Álvarez, Aroa Sordo e Antía Lillo proclamáronse gañadores na categoría B (de 9 a 11 anos) en ambas especialidades; mentres que na categoría C (de 12 a 16 anos) destacáronse os traballos de Marco Ángel Polo, Cristian Piñeiro e Codés Lillo, en narrativa; e de Iván García, Marina Rivas e Ilyass Khaled, en debuxo.
© 2013 | Crónica3 A Mariña 2008 - 2012 | RSS | Contacto | Información legal