Site icon Crónica3.com A Mariña

A vía Barreiros Ferrol debería estar en servizo e descoñecese cando rematará

O baile de datas, a declaración de intencións e o espallamento de promesas incumpribles, somerxen no esquecemento a execución da estrada de Barreiros Ferrol cando a maior parte dela debería de estar a piques de levar un ano en activo.
As ultimas novas refírense o inicio de unhas obras para a variante de Ortigueira con vistas a rematalas no ano 2010. O resto do corredor queda pendente para anualidades posteriores.
A non execución de esta infraestrutura e un novo e impórtate freo o desenrolo das comarcas de A Mariña e Ortegal, non así a Ferrol Terra que, aínda afectada pola vía de Barreiros a Ferrol, está comunicada coa A8 a A6 e autopista do Atlántico.
O atraso que padece A Mariña e Ortegal acentuase desde que o PP decidiu, no ano 2000, desviar en Barreiros a A8 para o interior, cara a Vilalba, para enlazala coa A6 en Bahamonde. Esta decisión deu lugar a que acordase crear un corredor rápido entre Barreiros e Ferrol, con data de finalización en 2007.
Dende entón houbo curiosas coincidencias de goberno en Madrid e Galicia tanto para o PP como para o PSOE, estes xunto co BNG. Estas circunstancias que puideron ser positivas para a execución da obra na que están implicadas as dúas administracións parece que foron insuficientes para espertar a vontade política.
Entre tanto o PP ideou, sen orzamento, o denominado Plan Galicia que nesta franxa costeira contemplaba tamén unha autopista e unha liña de Ave.
A idea non tivo moita acollida no elenco socialista nin na persoa da ministra do ramo que o denominou Plan Galicia de mier… .
O colectivo das forzas sociais para esixir a execución de este corredor deixoulle toda a responsabilidade as forzas políticas desde que no ano 2000 se constituíu unha plataforma formada por 25 representantes de concellos de A Mariña, Ortegal e Ferrol Terra para reclamar a traza costeira da autovía.
A inquedanza política pola posta en servizo da autovía e tal que, a parte dos múltiples espallamentos verbais de representantes de distintas forzas, coincidindo xeralmente coa proximidade de eventos electorais, tamén houbo mobilizacións.
Recentemente, en febreiro de 2008, convocados polo PP, un grupo de persoas acudiron a O Vicedo para reivindicar o corredor Barreiros Ferrol. A este acto tamén acudiron militantes de Terra Galega. Este acto estivo supeditado a celebración de un mitin de Rajoy en Santiago polo que o PP cambiou a cita inicial do 26 de xaneiro para o 17 de febreiro. Non é para esquecer a travesía da ponte de O Baleo por un grupo de militantes do PSOE no ano 2000.
Todo segue case igual.

Exit mobile version