Site icon Crónica3.com A Mariña

A consellería de Traballo promove un pacto polo emprego na Mariña

Alcaldes de concellos de A Mariña mantiveron unha reunión con responsables da consellería de Traballo para procurar a posta en marcha do Pacto territorial polo emprego da comarca da Mariña. A mediados de xuño votarán a reunirse para concretar e “elixir ós membros que formarán parte da asemblea xeral deste pacto, do comité de dirección, do comité asesor, da xerencia e da comisión técnica” indicou o alcalde de Burela Alfredo Llano.
Con esta proposta Traballo “pretende chegar a un posible acordo de adhesión dos Concellos para procurar o pleno emprego na comarca, tanto a nivel de formación coma de inserción” explicou o alcalde de Burela.
Según Alfredo Llano “entre as medidas que se levarán adiante figuran a detección da necesidade de traballadores que ten esta zona. Dese pacto territorial formarían parte en igual proporción as administración locais, a consellería de Traballo, os sindicatos e os empresarios”.

Nota de Prensa

O ALCALDE DE BURELA ASISTIU EN FOZ A UN ENCONTRO PARA A POSTA EN MARCHA DO PACTO TERRITORIAL POLO EMPREGO DA COMARCA DA MARIÑA.

Burela, 27 de maio de 2007. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asistiu en Foz a un encontro convocado pola Consellería de Traballo para a posta en marcha do Pacto territorial polo emprego da comarca da Mariña. Unha xuntanza na que participaron rexidores da maioría dos Concellos da zona. Segundo explica Llano <trátase de chegar a un posible acordo de adhesión dos Concellos para procurar o pleno emprego na comarca, tanto a nivel de formación coma de inserción. Entre as medidas que se levarán adiante figuran a detección da necesidade de traballadores que ten esta zona. Dese pacto territorial formarían parte nun 25% as administración locais; noutro 25% a Consellería de Traballo; outro 25% sería para os sindicatos e o 25% restante para os empresarios>.

O segundo encontro ó que asistirán os alcaldes da Mariña será o 16 de xuño, e <aí poderíanse elexir ós membros que formarán parte da asamblea xeral deste pacto, do comité de dirección, do comité asesor, da xerencia e da comisión técnica>, engade Alfredo Llano, que lembra que <estes pactos territoriais polo emprego enmárcanse dentro do acordó diálogo social que firmaron hai meses o presidente da Xunta, o presidente da Confederación Galega de Empresarios e os representantes dos sindicatos>

Exit mobile version