Site icon Crónica3.com A Mariña

Begasa reclama a Cervo o pago de facturas por importe de 220.442,53 Euros.

As reclamacións forman parte dunha relación de facturas impagadas por servizos de alumeado público en diferentes instalacións municipais.
A Delegación Provincial da Consellaría de Presidencia remitiu ao concello de Cervo dous escritos, os días 29 de abril e 14 de maio, onde fai constar a entrada no rexistro da Delegación Provincial de reclamacións da compañía eléctrica BEGASA por impagados de facturas eléctricas, o primeiro cun importe total 202.578,52 euros no período que vai dende o 15/03/07 até o 18/04/08, e o segundo por importe de 17.864,01 euros sen especificar o período de facturación.
Con esta comunicación, a Delegación de Presidencia, unicamente fai constar ao concello a existencia desta débeda pendente cun importe total de 220.442,53 euros. No caso de que a compañía eléctrica procedese a cortar o subministro, podería quedar afectado parte do alumeado público e tamén outras instalacións municipais como poden ser as dependencias de protección civil, colexio de Galdín e outras instalacións municipais nas que o subministro eléctrico é imprescindíbel.

Exit mobile version