Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan en Ribadeo os IV Foros permanentes para a muller

Inícianse en Ribadeo os IV Foros permanentes para a muller que consistiran en charlas, obradoiros e conferencias nas que se trataran temas de diversa índole como saúde e o coidado persoal, entre outros. Os actos e actividades desenrolaranse na vila e en parroquias.
O acto inicial é o 30 de maio na escola de Piñeiro, coa conferencia “Nutrición para a saúde” que pronunciará Paz Otero, a partires das catro da tarde. O IV Foro prolongase ata o mes de novembro, en distintas etapas.

Nota de Prensa

O VENRES COMENZAN EN RIBADEO OS IV FOROS PERMANENTES PARA A MULLER.

Ribadeo, 28 de maio de 2008. Este venres dan comenzo en Ribadeo os IV Foros permanentes para a muller que organizan a Concellaría da Muller e o CIM e que se desenvolverán nunha primeira fase no mes de xuño e a segunda será en outubro e novembro. A edil responsable de Muller, Mariluz Álvarez Lastra anuncia que <as charlas sobre saúde serán en xuño e o resto hacia o último trimestre do ano. As que abordan cuestións relacionadas coa saúde analizarán a nutrición, a vacina contra o cancro de cérvix, o autocoidado e as drogas. Neste caso trátase de analizar aquelas dependencias ou aquelas drogas legais ou ilegais tendo en conta, por exemplo, estados de depresión, de ansiedade…..o consumo de ansiolíticos, cales son as razóns que levan ao seu consumo, que causas provocan que se chegue a esa utilización e a posibilidade de paliar esas situacións para que non volten a ocorrer>.

Moitas das charlas destes IV Foros permanentes para a muller desenvolveránse nas parroquias e outras en Ribadeo. Arrancan este venres 30 de maio na escola de Piñeiro, coa conferencia Nutrición para a saúde que pronunciará Paz Otero, a partires das catro da tarde.

Na escola de Ove, a mesma conferencia sobre nutrición será o luns 2 de xuño ás oito e media da tarde.

As charlas seguen o 5 de xuño ás nove e cuarto da noite na escola de Remourelle onde as enfermeiras Inma Valledor e Mª del Mar González falarán sobre A vacina do cancro de útero.

O 6 de xuño no local de ensaio da Escola das Anzas terá lugar a conferencia sobre nutrición a partires das catro da tarde.

O 16 de xuño na escola de Vilaosende haberá ás catro un Obradoiro de autocoidado que impartirá Patricia Otero. Ese mesmo obradoiro será o mesmo día 16 ás sete da tarde na Casa da Xuventude de Ribadeo.

E o 18 de xuño será a conferencia sobre Muller e drogas que pronunciará Mónica Fernández Lamparte, a partires das oito e media da tarde na Casa do Mar.

Mariluz Álvarez Lastra asegura que <foros seguirán en outubro, pero xa iremos dando a coñecer o calendario cando se achegue o momento. Falaremos entón de incontinencia urinaria, de saúde mental na adolescencia, de trastornos alimenticios coma a bulimia e a anorexia e tamén de anticoncepción e sexualidade. Éste última charla dirixida sobre todo ás mulleres inmigrantes>.

A Concelleira de Muller anima a participar nestes foros a todos as mulleres do municipio de Ribadeo <e as que queiran máis información poden chamar ao teléfono do CIM o 982 120 739>.

Exit mobile version