Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo cre necesario dragar todo o canal para que arriben buques de maior calado

O rexedor ribadense, Fernando Suárez, cre que o porto de Ribadeo ten outros problemas “que non son exactamente que se faga ese tinglado cuberto ou non. A ría de Ribadeo ten problemas de calado. Hai que conseguir que se faga un dragado completo de todo o canal que poida facilitar que incluso poidan chegar buques de maio calado”
En realción coa nave que se proxecta ubicar no perirao, o alcalde de Ribadeo asegurá que “o porto comercial é moi vivo e dinámico e ten que seguir a xenerar riqueza, pero o que non podemos facer por avanzar un pequeno paso é retroceder un feixe deles no ámbito do que é Ribadeo no seu conxunto, do que é o turismo, o casco vello, o crecemento ordenado e do que sería unha mole nese espacio e nesa superficie con ese volumen tan desmedido equivalente a un edificio de baixo e oito prantas”.

Nota de prensa

O ALCALDE DE RIBADEO DI QUE O PORTO COMERCIAL PODE SEGUIR MEDRANDO SIN A CONSTRUCCIÓN DESA GRANDE NAVE EN MIRASOL. SI SE CONFIRMA QUE O PROXECTO NON VAI PARA ADIANTE SERÍA O ACERTADO, SEGUNDO FERNANDO SUÁREZ.

Ribadeo, 23 de maio de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que si é certo que a Xunta descarta <o tinglado aberto do porto, debo decir que é o acertado (ainda que eu non teño información oficial a este respecto), é o que debe ser i é ademáis o que a Corporación de Ribadeo manifestou unánimemente>. O rexedor cre que <o porto comercial é moi vivo e dinámico e ten que seguir a xenerar riqueza, pero o que non podemos facer por avanzar un pequeno paso é retroceder un feixe deles no ámbito do que é Ribadeo no seu conxunto, do que é o turismo, o casco vello, o crecemento ordenado e do que sería unha mole nese espacio e nesa superficie con ese volumen tan desmedido equivalente a un edificio de baixo e oito prantas>.

Fernando Suárez considera que <Ribadeo e o porto comercial sen chegar a facer esa obra ten capacidade para ampliar a súa carga portuaria, pódese incrementar perfectamente a frecuencia dos barcos que entran e saen de Ribadeo, pódese incrementar tamén a frecuencia do material para carga e descarga…..>.

O alcalde ribandese manifesta que o porto de Ribadeo ten outros problemas <que non son exactamente que se faga ese tinglado cuberto ou non. A ría de Ribadeo ten problemas de calado. Hai que conseguir que se faga un dragado completo de todo o canal que poida facilitar que incluso poidan chegar buques de maio calado>. Fernando Suárez engade que <debo dicir que o porto comercial de Ribadeo, a respecto doutros cercanos coma o de Xixón ou Avilés, é máis atractivo desde o punto de vista económico cunhas taxas máis baratas; é un porto máis limpo, algo que para productos coma a pasta de papel é moito mellor; é con todo máis cercano polo tanto é máis útil e operativo agora e será máis útil e máis operativo no futuro sin necesidade de facer este tinglado aberto que nin siquera ten estudio sobre a cantidade de horas que se perden ao ano por mor da chuvia>. O alcalde de Ribadeo di que se trata <dun cobertizo para illarse da chuvia que non é necesario e non quita que o porto comercial de Ribadeo poida seguir aportando riqueza e aumentado a súa actividade>.

Exit mobile version