Site icon Crónica3.com A Mariña

40 familias de Burela na campaña “ti podes dar vida, aforra auga”

Corenta familias de Burela uníronse a campaña “ti podes dar vida, aforra auga” promovida pola concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza.
Os interesados en aforrar auga e participar na iniciativa poden inscribirse e nesta campaña. A responsable municipal propón que ” a xente participe porque seguimos repartindo os perlizadores que nos poden axudar a aforrar entre o un corenta e un sesenta por cento da auga que consumimos nas nosas casas”.
Lucía Bouza matizou que “estamos moi  contentos coa acollida que estamos a ter este ano porque a participación medrou moito”.

Nota de Prensa

CORENTA FAMILIAS DE BURELA CONTAN XA CON PERLIZADORES NOS SEUS DOMICILIOS PARA O AFORRO DE AUGA.

Burela, 10 de xuño de 2008. Corenta familias de Burela se inscribiron na campaña Ti podes dar vida, aforra auga que está a levar adiante a concellaría de Medio Ambiente. A edil, Lucía Bouza, anima <á xente a que participe nesta campaña porque seguimos repartindo os perlizadores que nos poden axudar a aforrar entre o 40 e o 60% da auga que consumimos nas nosas casas. Estamos moi  contentos coa acollida que estamos a ter este ano porque a participación medrou moito, pero aspiramos a que ainda se apunten moitos máis veciños>.

Os interesados en aforrar auga poden aproveitar para anotarse e informarse sobre esta campaña acudindo esta tarde á conferencia que terá lugar ás oito e media na Sala de Conferencias  de Burela (antiga biblioteca), e na que se darán consellos para aforrar auga e enerxía. Será impartida por Mª Xosé Castro e Iván Rodríguez. A esta cita foron convocados os hostaleiros de Burela <aos que lles enviamos cartas convidándoos a participar porque eles non estaban incluidos na campaña de reparto de kits. Pido disculpas de antemán por si algún non recibiu a invitación correspondente e anímoos a que participen nesta interesante charla que impartirán a técnico de Medio Ambiente e o responsable dunha empresa que fabrica dispositivos para o aforro de auga>, engade Lucía Bouza.

Exit mobile version