Site icon Crónica3.com A Mariña

Administracións coinciden en dificultar o trafico pola estrada da costa

Carril lento de Mañente inhabilitadoMinisterio de Fomento e Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte coinciden en suprimir servizos na carretera da costa e incrementar as medidas represivas coa anuencia dos usuarios e a complicidade dos concellos.
Fomento eliminou agora o carril lento da N642 o seu paso pola localidade focense de Mañente, despois de telo inhabilitado durante meses. Con anterioridade a Consellería de Política Territorial sacou a vía lenta existente entre o alto de O Cruceiro e A Canteira, na carretera de Viveiro a Xove.
Ambas decisións forman parte de outras iniciativas que dificultan o trafico. Así, a eliminación dos carriles citados acompañouse de medidas restritivas; instalouse un radar fixo, colocáronse bandas rugosas na estrada, rebaixáronse os limites de velocidade e elimináronse zonas de adiantamento.
Os titulares de ambas estradas, consellería e ministerio, adoptaron estas medidas ante a alta sinestrabilidade existente en ambos tramos. Como solución optaron por non mellorar as estradas e non corrixir os erros de trazado, execución ou modificación das vías.

Exit mobile version