Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS repite no play off de ascenso a División de Honra

O Burela FS Pescados Rubén rematou nesta temporada a súa andaina no play off de ascenso a División de Honra o caer por 2-5 no pavillón Vista Alegre ante o Pinto FS. No primeiro encontro o equipo de A Mariña fora derrotado nos penaltis por 4 tantos a 2 na cancha do Pinto FS.
No derradeiro encontro, o público volcouse durante o partido animando o seu equipo e o remate despediuno con unha longa ovación.
Este foi o terceiro intento do Burela FS por chegar a División de Honra en catro anos. (foto de www.burelfs.com)

Exit mobile version