Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela os cans poderán ir á praia

Os cans poderán disfrutar este verán da praia do Penoural en Burela, segundo anuncia a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, que explica que <se trata dunha novidade que poñemos en marcha baseándonos un pouco nas directrices que marca a Unesco con respecto ás mascotas que di que teñen dereito a utilizar os lugares públicos e espazos naturais para disfrutar cos seus donos>. O Concello de Burela permite este ano que os cans accedan á praia do Penoural <que está ao lado da praia urbana. Alí colocamos un contenedor con dispensador de bolsas para a recollida dos excrementos. Os donos dos cans teñen que lembrar que os seus animais deben ir perfectamente identificados con microchips e que os que sexan perigosos teñen ademáis unha normativa que cumprir. As normas para a praia son as mesmas que para a rúa>, segue a contar Lucía Bouza.

O Concello de Burela acaba de rematar a colocación de 10 contenedores con dispensadores de bolsas para a recollida dos excrementos dos cans. Un deses contenedores é o que está na praia do Penoural, hai outro no parque Rosalía de Castro e o resto están ubicados nos paseos marítimos e noutras zonas de Burela nas que os veciños acostuman a pasear ás súas mascotas. Lucía Bouza asegura que <xa non hai disculpa para deixar os excrementos dos cans na rúa. Quero lembrar que hai un bando da alcaldía que os propietarios de animais deben cumprir e que multa ás persoas que non o fan>.

Exit mobile version