Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición sobre Laxeiro no Complexo Cultural RegalXunqueira de Viveiro

VIVEIRO.- A partir do xoves, día 17 de xullo, no Complexo Cultural RegalXunqueira, abrese a exposición 100 anos de Laxeiro, con motivo de cumprierse o centenario do nacemento do ilustre pintor galego e coa intención de achegar ao público de A Mariña unha mostra sua obra gráfica, concretamente dúas carpetas de gravados titulados “Caos Armonia” e ” Personaxes”.

NOTA DE PRENSA REMITIDA POR REALXUNQUEIRA.

O próximo xoves día 17  de Xulio inaugurase as 8 do serán a segunda exposición no COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA con o titulo de:
100 ANOS DE LAXEIRO
No centenario do seu nacemento  O COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA quer achegar a obra de Laxeiro o publico do NORTE GALEGO mediante a exposición de duas carpetas de grabados “ CAOS ARMONIA” e “PERSOAXES” cedidas para a ocasión polo coleccionista SANTIAGO BORRAZAS FARIÑA, o que lle damos as mais expresivas gracias pola colaboración.
Os 19 grabados e os textos e titulos que os acompañan abordan diferentes aspectos da figura, da obra  e o pensamento de Laxeiro
Sería imposible comprende-la identidade da arte galega do século XX sen ter presente a contribución da chamada “vangarda histórica galega”. Un dos seus máis destacados representantes foi o pintor José Otero Abeledo, Laxeiro. (Lalín, 1908-Vigo, 1996). Estes artistas foron os protagonistas dunha renovación plástica que superaba o rexionalismo imperante, e situaba a identidade estética galega en consonancia coas tendencias europeas.
Laxeiro soubo atopa-la súa definición máis precisa na síntese das raíces e dos modelos que rexían a conflictividade dun mundo de vangardas constantes durante a primeira metade do século XX. Unha síntese que abranguería tódolos rexistros e tódolos mitos, a densa antropoloxía espiritual e material de Galicia que, malia ter milenarias pegadas escultóricas, non concretou a súa idiosincrasia pictórica ata entrado o século XX, da man da “vangarda histórica”.
¿QUEN É LAXEIRO?
Con seis anos trasladouse dende a súa aldea natal a Botos (Lalín), onde a mestra da escola, viu as súas aptitudes para o debuxo, inculcándolle coñecementos sobre os clásicos e pintores españois de renome, como Velázquez e Goya.
En 1921 emigrou coa súa familia a La Habana, onde xa estaba seu pai. Aquí realizou numerosos oficios que combinou coas clases nocturnas no Plantel de Enseñanza Concepción Arenal do Centro Gallego de La Habana, impartidas polo mestre portugués Moreiras. Nesta cidade puido ver dúas exposicións que o impresionaron: unha de Xesús Corredoyra e outra de Ignacio Zuloaga.  Despois de catro anos en Cuba, regresou a Lalín moi enfermo dunha doenza respiratoria da que non contaba saír e, con todo, recuperouse. Unha vez san, adicouse ao oficio de barbeiro de feiras, debuxando incansablemente a todos os seus clientes. Entre 1928 e 1930 realizou colaboracións para a revista Céltica, El Faro de Vigo e Pueblo Gallego.  En 1931, grazas a unha bolsa do Concello de Lalín, trasladouse a Madrid para estudar na Academia de Bellas Artes de San Fernando, prolongando a súa estanza un ano máis mediante outra bolsa da Deputación de Pontevedra. Durante a súa permanencia na capital visitaba asiduamente El Prado, tomando influencias de pintores como Goya, Velázquez, Tiziano, Rembrandt e ata vangardistas como Picasso e Solana. Tamén asistía aos faladoiros da Granja del Henar con Rafael Dieste, García Lorca, Castelao e Valle-Inclán. Nesta etapa realizou composicións descritivas, preocupándose pola posibilidade da liña e empregando unha gama cromática sobria, baseada nas cores terrosas.
Regresou a Lalín en 1933, instalando o seu estudio de pintor no “Hospitalillo”. Aquí comezou a realizar obras caracterizadas pola chamada “estética do granito”, baseándose na tradición pétrea da imaxinería popular, así como dos tímpanos románicos e retablos barrocos, e apartándose da estética rexionalista que predominaba na Galicia da época.
A Guerra Civil sorprendeu a Laxeiro en Vigo, a punto de inaugurar unha exposición. Combateu como soldado forzoso no “frente nacional” en Asturias, onde coñeceu a Celso Emilio Ferreiro, con quen forxou unha gran amizade.
En 1940 trasladouse a Pontevedra.  Nesta época realizou un mural no Cine Balado de Lalín  e no pontevedrés Café Moderno. Dous anos despois foise a Vigo, onde permaneceu ata que, en 1951, invitárono, xunto con outros amigos galegos, a realizar unha exposición en Bos Aires, onde decidiu quedarse.
Na década dos 40 desenvolveu unha temática fantasiosa onde se mistura o relixioso e o profano en escenas de entroidadas e festas dionisíacas, evolucionando na “estética do granito”. A súa estanza na Arxentina proporcionoulle unha maior creatividade, realizando propostas máis novas e arriscadas, eliminando os elementos naturalistas, potenciando o poder expresivo da liña do debuxo, asumindo un tipo de linguaxe pictórica que toma influencias dalgúns aspectos do Picasso da década dos 30, e achegándose ao expresionismo abstracto e ao informalismo europeo.
En 1970 regresou definitivamente a España, vivindo entre Madrid-Vigo-Lalín. Foron anos de recoñecemento artístico, nos que evoluciona cara unha pintura máis amable, onde as cores se van aclarando, desaparecendo o dramatismo anterior.

Exit mobile version