Site icon Crónica3.com A Mariña

Fuente Parga pregunta pola campaña turística da Deputación para promocionar A Mariña

O alcalde de Barreiros parece ter un inusitado interés en promocionar a costa de Lugo e en pleno mes de Xullo vota en falta unha campaña de promoción turística da comarca. Interesase por saber que foi da “campaña turística que se presentou por parte da Deputación de Lugo para a Mariña. Non vemos nada de nada e eso que era unha campaña asombrosa que se nos veu explicar a San Ciprián, pero nada máis porque todo quedou neso. E seguramente que poida ser unha boa campaña, pero ten que saír á rúa e non quedar nos despachos”.

Exit mobile version