Site icon Crónica3.com A Mariña

Fútbol-7 en Cervo os días 16 e 17 de agosto

CERVO.-  A responsable da área de Deportes do Concello de Cervo, Yolanda Pedreira, vén de anunciar as datas de celebración da sétima edición do Torneo Fútbol-7 Concello de Cervo. O torneo terá lugar os días 16 e 17 de agosto e celebrarase nas instalacións do Club Deportivo Río Cobo.

O prazo para apuntarse a esta competición permanecerá aberto ata o vindeiro 13 de agosto e o sorteo dos grupos realizarase o mesmo día 13 de agosto ás 20.00 horas nas instalacións do club de  Río Cobo.

Cada equipo deberá abonar unha cota de inscrición de 120 euros, que ingresará no número de conta 2100-2460-81-0200025358 de La Caixa, e deberá estar formado por un máximo de 12 futbolistas.

A lista dos xogadores e o recibo da inscrición poderase entregar na Casa da Cultura de San Ciprián ou nas dependencias da casa Consistorial de Cervo de 10 a 14 horas.

A contía dos premios non sofre variacións con respecto ás últimas tempadas. O campión do torneo recibirá o 60% da recadación das inscricións, o segundo levarase o 25%; e o terceiro o 15%. O cuarto clasificado será galardoado cun trofeo.

As persoas que desexen recibir máis información do campionato poden chamar ao 670.321.857.

Este torneo está organizado polo C.D. Burela Fútbol Sala e o Concello de Cervo a través do convenio de colaboración que o club e a entidade local teñen asinado.

Exit mobile version