Site icon Crónica3.com A Mariña

Inícianse as xornadas de verán en Ribadeo e Mar por medio posponse a outubro

RIBADEO.- As diferentes actividades e xornadas organizadas pola delegación de Cultura do concello de Ribadeo inícianse o luns. As xornadas Mar por medio vanse celebrar por primeira vez no mes de outubro do 17 ao 19 adicadas ás relacións de Galicia e Portugal.
A responsable municipal de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, anunciou que dentro da programación cultural do verán de 2008 as xornadas ambientais e as de patrimonio terán carácter bianual “este ano teremos as xornadas ambientais que comezan o luns e no 2009 tocan xornadas de patrimonio. Serán eventos que terán contidos potentes e unha maior duración da que teñen na actualidade”.
A programación inclúe tamén as xornadas de agroecoloxía que se celebrarán na granxa Pedro Murias organizadas por Medio Rural e a Universidade de Santiago de Compostela.
Estan previstas tamén as xornadas de historia local que organiza a Asociación Francisco Lanza e que este ano estan adicadas á francesada “porque se cumpren 100 anos da ocupación”, matizou Mariluz Álvarez Lastra.

Exit mobile version