Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello acordou con Fomento asumir tramos urbanos de estradas nacionais

RIBADEO.- A Comisión de Urbanismo de Ribadeo tratará o convenio firmado entre o Ministerio de Fomento e o Concello de Ribadeo para o financiamento do proxecto de obras de mellora dos tramos urbanos da rede de Estradas do Estado no término municipal de Ribadeo e a transferencia de titularidade dos mesmos. Os tramos afectados pertencen as N634, N634a e N642a.
O alcalde Ribadeo, Fernando Suarez, explicou que estes viales, “co paso do tempo e o desenvolvemento económico quedaron absorbidas dentro do núcleo urbano da vila e o seu entorno metropolitano”. Según contempla o convenio, afecta a máis de catro quilómetros de viales.
Suarez matizou que as rúas afectadas “van desde a rotonda da Vilavella á rotonda de Dompiñor pasando pola Avenida de Asturias, Avenida de Galicia, José Clemente Pérez Martínez e Avenida de América, entre outras”.
O concello de Ribadeo asumirá a titularidade deses tramos de estrada e no prazo de 6 meses e comprometese a ter redactado e aprobado o proxecto das obras de mellora a executar. Pola súa parte o Ministerio de Fomento comprométese a financiar con máis dun millón de euros o proxecto nos anos 2009 e 2010.

Nota de Prensa

Mellora de estradas

Na Comisión de Urbanismo tamén se dará conta do convenio firmado entre o Ministerio de Fomento e o Concello de para a financiación do proxecto de obras de mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do estado no término municipal de Ribadeo e a transferencia de titularidade dos mesmos. Trátase das nacionais 634, 634a e 642a que <co paso do tempo e o desenvolvemento económico quedaron absorbidas dentro do núcleo urbán da vila e o seu entorno metropolitano. Son máis de catro kilómetros e medio de percorrido>, recolle o convenio asinado entre as dúas administracións. As vías afectadas, segundo conta o alcalde ribadense, <van desde a rotonda da Vilavella á rotonda de Dompiñor pasando pola Avenida de Asturias, Avenida de Galicia, José Clemente Pérez Martínez e Avenida de América, entre outras>.

O Concello de Ribadeo asume a titularidade deses tramos de estrada e no prazo de 6 meses asume o compromiso de ter redactado e aprobado o proxecto das obras de mellora a executar e o Ministerio de Fomento comprométese a financiar con máis dun millón de euros a materialización dese proxecto nos anos 2009 e 2010. <O ano que ven teremos que investir 300.000 euros, e no 2010 os 720.000 restantes. Agora entre todos debemos artellar de que maneira investimos eses cartos que teñen que ir destinados a ese fin, é dicir non podemos facer obras noutras vías que non sexan éstas que foron obxecto de cesión por parte do Ministerio de Fomento ao Concello de Ribadeo>, engade Fernando Suárez.

Exit mobile version