Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Barreiros puido deixar ingresar uns 600 mil euros por falta de xestión

BARREIROS.- O concello de Barreiros non ten en servizo un parque eólico singular cuia licencia lle foi concedida fai cinco anos e, según o alcalde, Alfonso Fuente, “podería estarlle a reportar ó Concello 120.000 euros anuais coma mínimo”.
O alcalde explicou que o parque está paralizado porque a Industria se lle propón un tipo de aeroxenerador cunha potencia de 1’5 megavatios “que resulta que din que excede a potencia permitida e Norvento pola súa parte di que non”. Alfonso Fuente reuneuse está semán coas partes para procurar desbloquear a situación.

Nota de Prensa

O PARQUE EÓLICO SINGULAR DE BARREIROS ESTÁ PARALIZADO EN INDUSTRIA POR UNHA DIFERENCIA DE CRITERIOS SOBRE A POTENCIA DOS AEROXENERADORES.

Barreiros, 11 de xullo de 2008. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente mantivo nas últimas horas un encontro en Santiago con responsables da empresa Norvento e da Dirección Xeral de Industria para analizar a paralización que está a sofrir desde hai cinco anos o parque eólico singular que lle foi concedido ao Concello. Fuente Parga asegura que <desde Norvento me viñan comunicando que estaba parado en Industria e entón reunín ás partes para saber que está a pasar cun parque que podería estarlle a reportar ó Concello 120.000 euros anuais coma mínimo, o que suporía unha recadación moi importante>.

O rexedor asegura que o parque está paralizado porque a Industria se lle propón un tipo de aeroxenerador cunha potencia de 1’5 mw <que resulta que din que excede a potencia permitida e Norvento pola súa parte di que non. Pedínlles que se puxeran a traballar e díxenlle a Industria que cambiar esa máquina suporá menos ingresos para o Concello, menos ingresos para Norvento e en definitiva non se obterá beneficio ningún. O impacto visual, eso sí, será o mesmo cunha máquina que con outra>.

Alfonso Fuente engade que <é unha cuestión de matices, de discusións técnicas pero que levarán ó Concello de Barreiros a recaudar menos cartos. E cando teño que escoitar a algún partido da oposición coma o BNG dicindo que o alcalde non se preocupa por nada…..pois miren Industria depende do BNG e nunca nos comunicou porqué o parque eólico singular estaba paralizado. Eu sí que me preocupei por sabelo e por obter recursos para o Concello>.

Exit mobile version