Site icon Crónica3.com A Mariña

O paro da construción producirá perdas na recadación en Burela

BURELA.- Segundo unha nota do PP de Burela o concello pode perder ate un millón de euros a fin de ano  debido ao paro da construción e alerta de que non hai iniciativas para compensar a situación. Fan propostas relacionadas coa directiva comunitaria das sesenta horas laborais como método para paliar a crise económica. Tamén critican que se leven a pleno decisións  como a dotación de locais de ensaios para os mozos.

NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR

O GMPP de Burela afirma que o Concello pode perder un millón de euros a fin de ano.

Aseguran que o pleno de mañán, xoves, só tén contido gracias ás mocións do PP.

Os populares lamentan que non haxa proxectos ilusionantes para Burela.

O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que os plenos do Concello de Burela están vacíos de contido desde o pasado mes de Decembro, cando se aprobaron os presupostos. Para os populares, o pleno de mañán só terá contido real por dúas cuestións: as mocións do PP, e as contas do Concello a trinta de Xuño, que hai que presentalas por imperativo legal.

As mocións do PP refírense á directiva comunitaria sobre as sesenta horas laborais, e ás medidas que entende se poden poñer en marcha desde o Concello para paliar a crise económica.

No que se refire ás contas do concello, o GMPP alerta sobre a posibilidade de que o concello perda un millón de euros na recaudación do presente ano, dado o parón da construcción; para os populares, esto demostra que o bigoberno influou os presupostos conscientemente, porque a situacion do último trimestre de 2007 xa advertía do que podía pasar. Ademais, hai partidas de gasto que están xa ó límite, especialmente en actividades, co que xa se verá se se paga puntualmente a partires de agora.

O outro punto, a adecuación de locais de ensaio para grupos musicais, non tén por que ir a pleno, e o feito de que vaia é só un xesto do bigoberno para rellenar o orde do día; o PP adiantou que votará a favor desta proposta, xa que no seu día se preocupou polos grupos musicais locais gravándolles un disco e organizando concertos.

Polo tanto, o GMPP de Burela entende que o bigoberno non tén proxectos ilusionantes para o conxunto da cidadanía, e esto é especialmente grave nunha situación de crise económica. Para os populares, levamos catorce meses perdidos, especialmene no que vai de ano, xa que desde a alcaldía non se da pancada, e así non se pode liderar un proxecto nin poñer en marcha actuacións que ilusionen ós veciños.

En Burela, a trinta de Xullo de dous mil oito.

O Grupo Municipal do Partido Popular.

Exit mobile version