Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que o PSOE de Burela non encaixa ben as críticas

BURELA.- O PP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa na que “lamenta o victimismo dos socialistas” e “ Preguntan se son certas ou non as acusación feitas á concellala Remedios López”, engaden tamén que o que realmente critican e a actuación política, reiterando “que non é de recibo un traballador leve os seus fillos para o centro de traballo”.

NOTA DE PRENSA:

COMITÉ LOCAL-GRUPO MUNICIPAL
BURELA

NOTA DE PRENSA DO PARTIDO POPULAR DE BURELA

O PP lamenta o victimismo dos socialistas.
Os populares preguntan se son certas ou non as críticas feitas a Remedios López.
O PP afirma que “cando decimos a verdade, cabréanse”.
O Partido Popular de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que é lamentable o victimismo do PSOE burelés cando as cousas lles van torcidas. Para o PP, a nota socialista sobre as críticas feitas polo Grupo Municipal Popular á labor que está a desenvolver Remedios López son só unha cortina de fume para tapar precisamente as carencias desta persoa. Non é de recibo decir que nos metemos coa súa familia, eso é mentira, xa que nos merece os maiores respectos, igual que nos merece todos os respectos a Sra. López a nivel persoal.
Por certo, a Sra. Fraga non é quen para dar leccións de nada a nin un só dos nosos concelleiros, e se está de baixa para ir ó concello, que pinta mandando notiñas no nome do PSOE, ou é que para eso non está de baixa.
O que critica o PP é a actuación política, e aí reiteramos que non é de recibo que un traballador ou traballadora leve os seus fillos para o seu centro de traballo. A pregunta é, eso foi certo sí ou non? É políticamente correcto? Así de simple.
Polo demais, primeiro, é certo que a Sra. López abronca a persoal do concello? Segundo, é certo que a Sra. López ainda non foi capaz de pechar o convenio do persoal do concello? Terceiro, é certo que a Sra. López remitiu un escrito o día 16 de Maio sen registrar decíndolle a un traballador do concello que lle ía sacar un día de vacacións, en contra do que di a lei? Cuarto, é certo que o pasado venres día 11 tratou con tono despectivo, diante do alcalde, que o consentiu, e cun tono de voz máis ca elevado, a un traballador do concello? Quinto, é certo que a Sra. López non asistiu este martes á reunión da mesa dos funcionarios e do comité de empresa, incumplindo as súas funcións? Sexto, é certo que esta señora non asiste ás comisións informativas das que forma parte como titular e que no pleno non fai uso da palabra nos temas que son da súa competencia? Sí ou non?
E volvendo ó primeiro do asunto, e séptimo, é certo que un membro do goberno municipal lle dixo á Sra. López Villar que non volvera a levar ós seus fillos para o centro de traballo?
Pois esto é o que tén que contestar o PSOE e deixarse de picaraxadas, e de tonos amenazantes que non farán calar nin ó noso portavoz nin ó noso grupo municipal. Os socialistas xa tentaron en veces anteriores facer interpretacións sesgadas e malintencionadas do que nós deciamos, como por exemplo que o alcalde consinte estas actuacións da súa conselleira sen saber por que motivos. Pois que non busquen cinco pés ó gato, e que contesten a todas as preguntas que vimos de plantexar se queren, e de non contestar que sexan críticos e que acepten que a xestión da Sra. López Villar é desastrosa. Por certo, poderían decir se non hai máis procesos de selección de persoal laboral fixo libres de mancha, ou se haberá máis culebróns.
En Burela, a dezaoito de Xullo de dous mil oito.
O Partido Popular de Burela.

Exit mobile version