Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños de Burela depositaron 500 quilos de aceite usado nos 10 contedores

BURELA.- Según datos facilitados pola concelleira de Medio Ambiente, Lucia Bouza, duante o último mes, no concello de Burela, recolleronse 500 quilos de aceite usado nos dez contenedores habiliatdos para este menester, repartdios por distintos puntos da vila. En tres dos dez contedores recolléronse 240 quilos.
A responsable municipal recorda que se seguen repartindo os veciños os recipientes para recoller o aceite.

Nota de Prensa

BURELA XENEROU NO ÚLTIMO MES 500 KILOS DE ACEITE USADO, SEGUNDO OS DATOS DIFUNDIDOS POLA CONCELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE.

Burela, 11 de xullo de 2008. Burela xenerou no último mes 500 kilos de aceite usado que foi depositado polos veciños nos 10 contenedores para a reciclaxe instalados en todo o Concello. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, amósase satisfeita con estes datos porque <se trata de cantidades moi significativas e a empresa que se encarga da súa recollida indicóunos que comparando con outros concellos nos que están a traballar Burela destaca e que tamén debemos estar contentos porque ademáis cando se empeza sempre se recolle menos ata que a xente se acostuma a depositar o aceite deste xeito. Comunicáronnos que aquí a reciclaxe do aceite está a funcionar ben>.

Destacan pola súa concienciación os veciños que depositaron 90 kilos de aceite no contenedor ubicado á altura do nº 137 da Avenida de Arcadio Pardiñas, seguido do que está en Marqués de Sargadelos no que se recolleron 80 kilos e o que se atopa en Pardo Bazán con 70 kilos de aceite recollidos. No lado oposto atópase o contenedor de Arcadio Pardiñas instalado preto da gasoliñeira onde só se recolleron 10 kilos de aceite usado. Lucía Bouza descoñece a que obedecen estas diferencias <porque este contenedor está situado nun barrio moi poboado de Burela e debería recoller máis. Agardamos que os veciños se animen a reciclar o aceite usado de cociña>.

Reparto de frascos

A concelleira de Medio Ambiente lembra que o seu departamento segue a repartir de xeito gratuito os frascos para levar ás casas e despois baleirar neles o aceite <e tamén quero lembrar o modo de depositar o contido neses contenedores que temos instalados por Burela, porque a empresa informóunos de que hai persoas que deixan as botellas ou garrafas no que é a rejilla e eso dificulta un pouco o funcionamento normal do contenedor porque imposibilita a outros usuarios baleirar o contido dos seus recipientes con normalidade. É por eso que lles pedimos colaboración a todos os que desexen participar na reciclaxe do aceite, e que unha vez que depositen os seus residuos que retiren os frascos no que os levaron. Si facemos esto, fagámolo ben>.

Exit mobile version