Site icon Crónica3.com A Mariña

Un neno saharaui e unha nena rusa pasan o verán en Burela

BURELA.-  A teniente de alcalde e concelleira delegada de Benestar Social, Neves Cando, déulles a benvida aos dous nenos: un saharaui e unha rusa que pasan o seu verán acollidos por dúas familias da localidade. Cando conta que “Zrun é un neno saharaui que nos acompaña un ano máis nestes meses de verán e quero agradecer á familia acolledora o seu compromiso con esta causa e tamén felicitar a Solidaridade Galega co pobo saharaui polo seu esforzo e adicación na organización do programa Vacacións en paz porque programas coma éste constitúen unha oportunidade inmellorable para que nenos e nenas refuxiados nos campamentos de Tinduf no deserto arxelino poidan disfrutar e coñecer durante varios meses o noso país estreitando lazos de amizade e fraternidade entre as familias galegas e saharauis. Uns meses nos que as grandes víctimas desta inxustiza internacional que son os nenos e as nenas poderán disfrutar dunha vida máis levadeira evitando as complicadas condicións do deserto arxelino que se fan especialmente duras nesta época de verán”.

A delegada de Benestar Social tamén lle deu a benvida “a Daria unha nena rusa que por segundo ano consecutivo tamén é acollida en Burela po unha familia nosa. A estadía desta rapaza forma parte do programa que a asociación Ledicia Cativa leva a cabo para acoller a nenos afectados polas radiacións de Chernóbil e así levar adiante a súa recuperación física, sanitaria e afectiva. Agardamos que a súa estancia sexa inesquecible e gratificante e que disfrute das nosas praias e da paisaxe e das familias que tan gustosamente os acollen”. Neves Cando agradécelle “ás familias o seu compromiso solidario do que en Burela nos sentimos moi orgullosos”.

Exit mobile version