Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizo de bus entre Galicia e Asturias compatible co Noitebus

RIBADEO.- A responsable de Cultura do concello de Ribadense, Mari Luz Alvarez Lastra dixo estar satisfeita da posta en marcha do denominado bus Búho, versión astur do Noitebus, que unirá ata setembro Ribadeo e Navia.
As liñas e horarios do servizo Búho asturiano entre Puerto de Vega e Ribadeo están coordinados co servizo Noitebús da Xunta de Galicia entre Ribadeo e Viveiro, polo que os usuarios dispoñen da opción de realizar traxectos máis largos que os que inicialmente tiñan establecidos Galicia e Asturias por separado.

Exit mobile version