Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de Mar de Burela subvenciona con 200 euros un curso de socorrismo que costa 250

BURELA .- A concellería de Mar de Burela subvenciona con 200 euros un curso que ten un custe de 250 euros. Tratase de  un curso de primeiros auxilios e socorrismo acuático que “o concello financiará con 200 euros a cada participante, co que só terán que pagar pola súa asistencia 50 euros>” explica Remedios López Villar. Inscricións na Casa do Concello e abonos no Banco Pastor.

Nota de Prensa

O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA PARTICIPAR NOS CURSOS DE PRIMEIROS AUXILIOS E SOCORRISMO ACUÁTICO QUE SE IMPARTIRÁN PRÓXIMAMENTE.

Burela, 5 de agosto de 2008. A Concellería de Mar de Burela abre o prazo para inscribirse nos cursos de primeiros auxilios e socorrismo acuático que se celebrarán próximamente. O custe total por persoa ascende a 250 euros e <o Concello financiará con 200 euros a cada participante, co que só terán que pagar pola súa asistencia 50 euros>, explica Remedios López Villar. Os interesados en recibir estes cursiños poden anotarse no rexistro da Casa Consistorial presentando o xustificante de ter efectuado ese ingreso na conta que o Concello de Burela ten no Banco Pastor.

Exit mobile version