Site icon Crónica3.com A Mariña

Afectados polo cambio de Centro de Saúde denuncian na Garda Civil de Burela, di o PP

BURELA .- O PP de Burela afirma que persoas que tiñan asignado o Centro de Saúde de Burela e Sanidade lles asignou outro centro, en outro concello, presentaron denuncia no cuartel da Garda Civil “pois os cambios de centro de saúde que se fixaban son ilegais”. Os populares cualifican de “incompetente” o Director Xeral de Aseguramento e non descartan que cambios similares pasen en outros concellos.

Nota de Prensa

O PP asegura que Sanidade non comunicou os erros ás persoas afectadas polo cambio de centro de saúde.

Considera que o Director Xeral de Aseguramento é un incompetente.

Os populares afirman que os cambios de centro de saúde que se fixaban son ilegais.

O Partido Popular de Burela asegurou hoxe mediante unha nota de prensa, en relación co cambio de asegurados adscritos ó Centro de Saúde de Burela a outros concellos, que a Consellería de Sanidade non comunicou o “erro informático” ás persoas que foron cambiadas de concello, o que ratifica o desprecio que a Xunta do PSOE e BNG teñen hacia os cidadáns, porque o menos que podería facer o Director Xeral de Aseguramento, Germán González Pazó, debería ser remitirlles ós interesados unha carta, asinada por el,  pedindo disculpas.

O PP de Burela asegura que a indignación de algúns afectados quedou traducida na correspondente denuncia ante a Garda Civil, porque é evidente que o cambio de centro de saúde é absolutamente ilegal.  Polo tanto, os populares consideran que este asunto é o suficientemente grave como para trasladalo ó grupo parlamentario popular, para que se formulen en sede parlamentaria as iniciativas que procedan.

Para os populares de Burela, a incompetencia do Director Xeral é absoluta, e ademais fainos sospeitar que esto pode estar producíndose, ou se pode producir, noutros concellos, sen saber exactamente por que motivos.

Exit mobile version