Site icon Crónica3.com A Mariña

Arranca en Ribadeo o III Festival Internacional de Música Clásica homenaxeando a Calvo-Sotelo

RIBADEO .- O terceiro Festival Internacional de Música Clásica empeza o día 8, venres, ás dez menos cuarto da noite con unha homenaxe a Leopoldo Calvo-Sotelo. O director do festival, Leopoldo Erice, ofrecerá un concerto de piano adicado a un gran melómano, como foi Calvo-Sotelo.
O segundo acto será o 10 de agosto, domingo, ás dez da noite con un concerto a cargo da mezzosoprano Mary Ann Hart  e de Emile Naoumoff ao piano. O venres, 15 ás dez da noite será o terceiro concerto, que correrá a cargo de do Trío Narciso Yepes que interpretará un recital de danza e música antiga española. E o concerto de clausura será o domingo 17 ás dez da noite co grupo Barcelona Barroc.

Nota de Prensa

CUN CONCERTO DE HOMENAXE A LEOPOLDO CALVO-SOTELO EMPEZA O DIA 8 O TERCEIRO FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CLÁSICA.

Ribadeo, 04 de agosto de 2008.- Os actos do terceiro Festival Internacional de Música Clásica, que se celebra en Ribadeo este mes, foron  presentados hoxe no Concello. Empeza o día 8, venres, ás dez menos cuarto da noite con unha homenaxe a Leopoldo Calvo-Sotelo. O director do festival, Leopoldo Erice, ofrecerá un concerto de piano adicado a un gran melómano, como foi Calvo-Sotelo.

O segundo acto será o 10 de agosto, domingo, ás dez da noite con un concerto a cargo da mezzosoprano Mary Ann Hart  e de Emile Naoumoff ao piano. Cinco das cancións que interpretarán son estreos mundiais e as outras cinco estreos en Europa, tal e como salientou o director do festival.

O venres, 15 ás dez da noite será o terceiro concerto, que correrá a cargo de do Trío Narciso Yepes que interpretará un recital de danza e música antiga española. E o concerto de clausura será o domingo 17 ás dez da noite co grupo Barcelona Barroc.

O III Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo terá por escenario o Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo das entradas que xa están disponibles na taquilla Caixa Galicia e o día dos concertos na propia taquilla do Auditorio será de 10,60 euros. Para os maiores de 65 anos e os menores de 18 o prezo será de 8,60 euros.

Na presentación do festival a concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, salientou que este evento <é xa un referente na súa terceira edición> grazas á aportación económica da Fundación Caixa Galicia e á dirección artística de Leopoldo Erice. En representación da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez explicou que para esa entidade <a cultura en termos xerais,  e a música en concreto, é unha das nosas responsabilidades, que levamos con tremendo gosto. Este terceiro festival internacional é unha mostra diso, pois para chegar a estos nivéis de profesionalidade e de importancia requírese a participación de máis dunha entidade>. Sinesio Pérez tamén salientou que o Concello de Ribadeo <amosou sempre unha sensibilidade moi especial para temas culturais, e para a música en concreto>, ó tempo que recoñeceu o <gran traballo> de Leopoldo Erice.

O director dixo que o festival ten un carácter moi didáctico coa intención de chegar a todo tipo de público. <Hay mucha gente que no se anima a ir a un concierto de música clásica, porque dice que no la entiende y nosotros pretendemos que eso vaya cambiando poco a poco con unas charlas muy amenas, en las que los propios músicos hablan de la música que van a interpretar>.

Exit mobile version