Site icon Crónica3.com A Mariña

“Enfrentamento” entre Foz e Barreiros polo Tesouro da Cornería

BARREIROS .- Os alcaldes de Barreiros e Foz non chegaron a un acordo sobre a titularidade do tesouro da Cornería na conversa que mantiveron esta mañá no medio da ría a bordo de dúas embarcacións, e citáronse para o desafío que terá lugar o domingo ás 11:00 “nese tiro á corda entre os dous Concellos a ambos lados da ría e aquel que tire  máis será o que se leve ese tesouro da Cornería”, segundo explica o rexedor barreirense, Alfonso Fuente Parga.

O alcalde de Barreiros engade que “cada un citaremos tamén ás doce persoas que nos acompañarán aos alcaldes para levar ese tesouro cara o noso lado e facer que ese Concello siga a gozar dese tesouro tal e como veu gozando ao longo deste 2008 Barreiros xa que o ano pasado foi o noso Concello o que se alzou co triunfo do tiro á corda. Este domingo ás 11 da mañá se verá si segue en posesión de Barreiros ou si cambia para os veciños de Foz”.

Alfonso Fuente fai un chamamento aos veciños de Barreiros “a que participen nesta cita do domingo e a que animen a esa xente que nos vai representar e loitar porque o tesouro da Cornería siga en mans do noso Concello”.

Exit mobile version