Site icon Crónica3.com A Mariña

Mostra artística da “Auga” no Museo da Industria de Sargadelos

CERVO.-O día 2, as 12,30 horas tivo lugar a inauguración da mostra “Agua” do grupo artístico ‘Outro’ no Museo da Industria de Sargadelos. A mostra, na que colabora o Concello de Cervo a través da súa delegación de Cultura, permanecerá aberta ata o vindeiro 29 de agosto.

COMUNICACIÓN AOS MEDIOS

O concelleiro de Turismo e os membros deste colectivo de artistas inauguraron hoxe esta exposición que permanecerá aberta ao público ata o día 29

A SALA DE EXPOSICIÓNS DO MUSEO DA INDUSTRIA ACOLLE DENDE HOXE A MOSTRA ARTÍSTICA “AGUA”, DO GRUPO ‘OUTRO’

* O Concello de Cervo, a través da súa delegación de Cultura, colabora na organización

Cervo, 2 de agosto de 2008.- Hoxe ás 12.30 horas tivo lugar a inauguración da mostra “Agua” do grupo artístico ‘Outro’ no Museo da Industria de Sargadelos. A mostra, na que colabora o Concello de Cervo a través da súa delegación de Cultura, permanecerá aberta ata o vindeiro 29 de agosto.

O acto estivo presidido polo delegado de Turismo, Antonio Basanta -quen desculpou a ausencia do alcalde, Alfonso Villares, e da concelleira de Cultura, Chelo Gallego- e polos propios integrantes do colectivo “Outro” que amosan as súas obras dende hoxe en Sargadelos.

“Outro” xordeu hai dous anos ao abeiro da convivencia dos seus integrantes na escola libre de Sargadelos. Está conformado por creadores multidisciplinares e artistas de diferentes países. No seu curto tempo de vida “Outro” conta con exposicións en lugares coma Vilalba (Lugo), Marratxi (Mallorca), Santa María dá Feira (Portugal) e en Aveiro (Portugal).

Nesta ocasión, “Outro” presenta en Sargadelos creacións có tema da auga coma denominador común. As pezas que se expoñen buscan a reflexión do público sobre a auga coma elemento vital e fonte de vida. As obras presentadas abarcan, pois, diferentes visións -dende a critica á poética- a través de formas, cores e texturas, có obxectivo de trasladar aos ollos do visitante o enorme poder sedutor que a auga ten sobre todos nós.

SAÚDOS. – CONCELLO DE CERVO.
Delegación de Cultura e Xuventude

Exit mobile version