Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG e os viciños de Covas piden que se abra o centro cultural

O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro presenta hoxe unha iniciativa que, co apoio dos veciños e veciñas da parroquia de Covas, pretende que o Centro Sociocultural de Covas, ubicado no edificio Corbelle se abra canto antes.
Afirman que “en varias ocasións nos temos interesado no Concello sobre as causas polas que este Centro Sociocultural non entra en funcionamento. Como se pode comprobar estamos diante doutro incumprimento máis do sr. Roel que na SESIÓN DE PLENO DO DÍA 3 DE DECEMBRO DE  2007, cando o BNG pregunta para cando está prevista a apertura deste Centro Sociocultural,contesta: “esperamos a súa apertura definitiva no primeiro trimestre de 2008, e digo definitiva porque antes de finalizar o ano xa terá algunha utilidade”.

Na súa nota de prensa concretan que “pasaron oito meses desde este anuncio e nada disto se cumpriu.
A parroquia de Covas, como xa temos sinalado en moitas ocasións, sendo a que máis veciños e veciñas ten do Concello, é totalmente deficitaria neste tipo de infraestrutura. Só conta cun Centro Sociocultural ubicado nun dos edificios das antigas escolas de Covas. Durante o goberno municipal no que participou o BNG criouse—a proposta da Área de Servizos Sociais que levabamos os nacionalistas— unha rede de Centros Socioculturais que desde aquela veñen funcionando nas parroquias do Concello.
Con posterioridade un local ubicado nos baixos do edificio Corbelle, na parroquia de Covas, incorporouse, vía convenio aprobado polo Pleno, este novo local.
O BNG considera que hai que abrilo aos veciños e veciñas canto antes.É por iso imos recoller entre a veciñanza sinaturas que pidan a posta en funcionamento deste Centro. Estas sinaturas presentarémolas no Concello de Viveiro no mes de Setembro”.

Exit mobile version