Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello baldeará e limpará rúas de Ribadeo cun camión especial

RIBADEO .- O Concello de Ribadeo baldeará e limpará cun camión especial, con rodillos,  as rúas peatonais da vila, según indicou Horacio Cupeiro, edil responsable de Medio Ambiente, que indicou que ” as tarefas se realizarán cun camión especial que nos cede de xeito gratuíto a empresa Urbaser”.
Por outra banda, Cupeiro pídelle aos veciños “que colaboren coa recollida selectiva e depositen o lixo en bolsas pechadas xa que os contedores non se poden estar lavando todos os días como é o caso dalgúns lugares onde día tras día temos que ir limpalos porque emiten un cheiro impresionante”.

Nota de Prensa

O CONCELLO BALDEARÁ E LIMPARÁ AS RÚAS PEATONAIS O VINDEIRO LUNS.

Ribadeo, 29 de agosto de 2008. O Concello de Ribadeo baldeará e limpará con rodillos as rúas peatonais. <Tarefas que se realizarán cun camión especial que nos cede de xeito gratuito a empresa Urbaser>, explica Horacio Cupeiro, edil responsable de Medio Ambiente.

O concelleiro nacionalista tamén lles pide aos propietarios de cans que cumpran co bando do Concello sobre a recollida dos excrementos das súas mascotas, <xa que estamos a recibir moitas queixas sobre este comportamento. De seguiren así os propitarios con estas actuacións verémonos na obriga de sancionalos>.

Horacio Cupeiro engade que <tamén quero aproveitar para pedirlle aos veciños que colaboren coa recollida selectiva e depositen o lixo en bolsas pechadas xa que os contedores non se poden estar lavando todos os días como é o caso dalgúns lugares onde día tras día temos que ir limpalos porque emiten un cheiro impresionante. Nós lavamos os contedores unha vez ao mes e algún, como digo, a diario, pero o Concello non dispón de persoal para poder realizar todos los días estes traballo. Algo que se solucionaría coa súa colaboración e como dicía si despositasen o lixo en bolsas pechadas>.

Exit mobile version