Site icon Crónica3.com A Mariña

O obradoiro de Regal na Porta da Vila transformouse nun complexo artístico en Xunqueira

VIVEIRO .- O taller que Otero Regal tiña desde fai vintecinco anos na Porta da Vila, en Viveiro, trasladouse a vella fábrica de curtidos de Xunqueira, agora convertida nun complexo artístico por iniciativa de Regal. A evolución debeuse a necesidade de espazo para lograr unha maior efectividade na produción e o desexo do autor de converter o obradoiro nun punto de atracción turística e cultural.
O complexo de Regal Cerámica Artesán en Xunqueira conta con un museo de cerámica con tres apartados nos que se recolle a colección de esculturas e pezas orixinais artísticas de Otero Regal, dende os anos setenta ata actualidade; a colección de pezas comerciais de Regal Cerámica, dende que se instalou en Viveiro, e unha unha colección de cerámica artística e contemporánea con obras de Arcadio Blasco, Picasso, Tapies, Chillida, X. Viqueiras, Nacho Porto, Teresa Jirones entre outros.
O complexo de Regal Xunqueira dispón de un taller para artistas becados e invitados, que participen en xornadas e cursos, ou que mediante un contrato especial pasen temporadas traballando en Regal Cerámicas, para o que dispón de vivendas.
O complexo tamén conta con unha sala de exposicións que permanece aberta todo o ano con obras colectivas, temáticas ou individual es e unha sala de actividades múltiples, para  concertos, conferencias e coloquios. Tamén hai en Regal Xunqueira unha biblioteca de consulta especializada no sector cerámico en particular e en todo o arte en xeral .O proxecto inclúe unha tenda, unha editorial sobre arte e cerámica. Todo o complexo funcionará como centro didáctico para colexios e excursións en xeneral.
Regal Cerámica Artesán participa desde fai dúas décadas nos certames nacionais e internacionais máis importantes de comercialización do sector cerámico e de regalo: Intergif-Madrid, xaneiro e setembro, Expo-Hogar de Barcelona, Cevider de Valencia, Frankfurt, Tokio, etc., comercializa os seus produtos en máis de 300 tendas en territorio español e exporta a Estados Unidos, Italia, Portugal e Alemania.
A nova sede de Regal Cerámica Artesán en Xunqueira conta con estancias de comedor, cociña, vestiarios para los traballadores del complexo.
Por outra banda, sinalar que o complexo ten unha aula de interpretación da fabrica de curtidos, que recolle utensilios, pezas elaboradas na curtiduría, maquinaria e complementos de unha unidade didáctica sobre o tema.

Exit mobile version