Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP ve ilegal que os cans vaian a praia de O Penoural en Burela

BURELA .- Según afirma o PP “a presencia de cans na praia de Penoural é unha ilegalidade, porque incumpre a ordenanza municipal en materia de medio ambiente que está en vigor nestes momentos”. Os populares din que recibiron “moitas as queixas” e piden que “se deteña esta situación ilegal de inmediato, pola inseguridade xurídica que provoca para o concello no suposto de que haxa algún problema xurdido pola presencia de cans na praia”

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR

O GMPP reitera a ilegalidade da presencia de cans na praia de Penaoural.

Os populares afirman que son múltiples as queixas.

Consideran que o alcalde non pode mirar para outro lado, porque pode producirse un problema de saúde pública.

O GMPP reiterou hoxe a través dunha nota de prensa que a presencia de cans na praia de Penoural é unha ilegalidade, porque incumple a ordenanza municipal en materia de medio ambiente que está en vigor nestes momentos.

Para os populares, que afirman que son moitas as queixas que se teñen producido, con chamadas que non son debidamente atendidas a municipais e concelleiros, esta situación é a máis viva demostración de como o alcalde e os seus concelleiros burlan, desprecian e incumplen a lei. Polo tanto, se son capaces de esto, tamén son capaces de moito máis. Eso sí, traballar non traballan moito.

Segundo o GMPP, o alcalde tén que dar explicacións inmediatamente, por unha sinxela razón, porque a ordenanza está en vigor, con todas as da lei, guste ou non guste, ademais de toda unha serie de problemas sanitarios que se poden producir, porque xa se teñen dado situacións de presencia de nenos na praia e tamén de escrementos. Se se produce algún problema de saúde pública, xa veremos quen asume responsabilidades.

Finalmente, o GMPP esixe que se deteña esta situación ilegal de inmediato, pola inseguridade xurídica que provoca para o concello no suposto de que haxa algún problema xurdido pola presencia de cans na praia. Lucía Bouza é unha experta en meterse en problemas: beneficia a seu irmán na selección de persoal da escola de música, tén problemas na selección de persoal fixo de GAIA e comete ilegalidades: máis fiascos, imposible.

En Burela, a sete de Agosto de dous mil oito.

O Grupo Municipal do Partido Popular.

Exit mobile version