Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP ve parado o saneamento na estrada da Marosa por falta de xestión do alcalde de Burela

O PP ve parado o saneamento na estrada da Marosa por falta de xestión do alcalde de Burela

BURELA .- O portavoz do PP no concello de Burela, José María González Barcia, asegura que “as obras de saneamento na estrada da Marosa, na súa marxe dereita desde A Casilla á estrada da Deputación a San Cibrao, están paradas desde hai máis de un ano”.  Barcia implica ó alcalde socialista de Burela, Alfredo LLano, na paralización da obra asegurando que “o culpable directo de que a obra continúe parada é o alcalde, que así demostra unha vez máis o pouco interese que ten e a nula capacidade de traballo e de xestión”.Según González Barcia ” a obra está incluída no Plano Operativo Local de 2006, que conta con financiamento da Unión Europea, e que é unha obra que foi incluída no indicado Plano polo goberno municipal do PP”. Esta obra conta cun presuposto de cento vinte mil euros, e foi adxudicada pola Deputación Provincia, afirma.

Nota de Prensa

O portavoz do GMPP afirma que as obras de saneamento na estrada da Marosa seguen paradas.

Culpa ó alcalde de non dar solucións para facer a obra.

González Barcia considera lamentable que a Deputación e o alcalde xoguen cun investimento de cento vinte mil euros.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, afirmou hoxe que as obras de saneamento na estrada da Marosa, na súa marxe dereita desde A Casilla á estrada da Deputación a San Cibrao, están paradas desde hai máis de un ano, e o peor é que non se sabe que vai pasar con elas. O GMPP xa denunciara esta situación hai uns meses, e as cousas seguen igual, ou sexa, parálise absoluta.

Barcia, tamén portavoz adxunto do Grupo Provincial do PP, lembra que esta obra está incluida no Plano Operativo Local de 2006, que conta con financiación da Unión Europea, e que é unha obra que foi incluida no indicado Plano polo goberno municipal do PP. Esta obra conta cun presuposto de cento vinte mil euros, e foi adxudicada pola Deputación Provincial, que é quen tramita e xestiona o POL.

Para o PP, o culpable directo de que a obra continúe parada é o alcalde, que así demostra unha vez máis o pouco interese que tén e a nula capacidade de traballo e de xestión que demostra. Se para facer o que haxa que facer con esta obra levamos máis de un ano, xa nos podemos imaxinar que é o que nos espera con cousas de máis importancia. Non é de estranar que o concello de Burela esteña paralizado e tampouco sorprende o nulo peso que tén o alcalde dentro do seu partido, o PSOE, se é que milita nel; sexa ou non militante socialista, desde logo no PSOE pinta mui pouco.

Ainda así é todo, González Barcia afrima que é lamentable que se xogue tan alegremente cun investimento de cento vinte mil euros por parte da Deputación, o que demostra que a paralización de obras que o PP está a denunciar é certa.

Barcia pídelle á Deputación que recoñeza dunha vez por todas a paralización de obras, que como se ve afecta tanto a obras financiadas con fondos propios da Deputación coma a obra incluidas en planes especiais. Pero tamén demanda que non se xogue máis con estas obras paralizadas, porque a súa paralización está a causar graves perxuicios ós concellos e ós cidadáns.

Exit mobile version