Site icon Crónica3.com A Mariña

Os traballadores do concello de Burela asinaron un convenio por tres anos

BURELA.- Os responsables municipais e os representantes dos traballadores do Concello de Burela acadaron esta mañá o acordo para sinatura do convenio dos funcionarios e do persoal laboral fixo para os vindeiros tres anos, aínda que se revisará anualmente. Anunciouno o alcalde burelés, Alfredo Llano, quen comentou que “foi un proceso un pouco longo, porque empezamos en xaneiro, pero o resultado é o que máis importa, é foi satisfactorio. Este convenio  vai a ser un bó referente cara ó futuro no Concello de Burela”.

Llano tamén comentou que con este novo convenio “fixemos unha revisión dos aspectos laboráis, relacións de traballo, melloras sociais e acordos económicos” e salientou que “é  positivo tamén que o convenio foi aprobado por unanimidade, tanto no referido ós funcionarios como no do persoal laboral fixo. Felicito ós negociadores sindicais e do comité de empresa por esa vontade que tiveron para chegar a un acordo o antes posible”.

Actividades fin de semana

O alcalde tamén se referiu as actividades que se van celebrar durante esta fin de semana en Burela “desde hoxe, venres, imos  ser un bó referente para A Mariña, a provincia, e incluso para Galicia, no aspecto lúdico-festivo, porque hai moitos actos e moi importantes con feira, gastronomía, deporte e espectáculos. Son grandes atractivos para os que queiran pasalo ben durante toda a fin de semana2.

Llano explicou que os actos empezan hoxe coa feira de artesanía e productos ecolóxicos Produart e salientou que “imos  ter demostracións de artesáns do vidro e dun ferreiro. Hai máis de sesenta stands, e por primeira vez  tiveron que quedar expositores fóra. Mañá teremos a feira do bonito cos xogos da costeira pola mañá e despois cociñarase o bonito para degustalo a partir das seis da tarde en diversas preparacións . E á noite haberá un espectáculo musical moi importante. Tamén imos ter deporte náutico mañá durante todo o día. E o domingo seguirá Produart ata as seis da tarde. Estas citas son interesantes para toda a familia, porque hai moitas actividades e moi diversas para tódolos públicos esta fin de semana en Burela”.

Exit mobile version