Site icon Crónica3.com A Mariña

Responsables do concello de Cervo e visitaron obras da Deputación na estrada de Rúa

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o concelleiro de Obras, José Manuel Balseiro, visitaron a obra de mellora que está acometendo a Deputación na estrada que une Rúa có resto do concello, Burela e Valadouro. Esta obra al está incluída dentro do Plan Operativo Local do ano 2005 e permanecía paralizada dende a chegada á Deputación do actual goberno, segun indicaron dende o Concello de Cervo. Alfonso Villares espera que a Deputación continúe estes traballos no único tramo que aínda falla por acometer, dende o monólito de San Román ata a Puída.

Nota de Prensa

VILLARES ALÉDASE DE QUE A DEPUTACIÓN RETOME AS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA DE RÚA

Cervo,  29 de agosto de 2008.- O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o concelleiro de Obras e parlamentario autonómico, José Manuel Balseiro estiveron  visitando este mediodía os traballos de mellora da estrada de competencia provincial que une Rúa có resto do municipio e cós concellos de Burela e Valadouro.

Os dous responsables locais cervenses amosaron a súa satisfacción polo reinicio das obras de mellora e puxeron de manifesto a súa ledicia porque “por fin” a Deputación decidira retomar esta obra, a cal estaba incluída dentro do Plan Operativo Local do ano 2005 e permanecía paralizada dende a chegada á Deputación do actual goberno bipartito. “As queixas veciñais polo deplorable estado da estrada fóronse acumulando ao longo destes meses. Dende o Concello solicitamos en reiteradas ocasións a mellora desta estrada diante dos responsables do ente provincial e agora parece que esas xestións por fin foron escoitadas” sinalou Villares.

O primeiro edil sinalou tamén que esta estrada soporta un considerable densidade de tráfico; ao ser a única vía de comunicación dos habitantes destes núcleos de poboación co resto do municipio; así coma cos concellos de Burela e O Valadouro. A isto hai que engadir tamén que sofre habitualmente un forte tráfico de camións pesados da tala forestal e da industria eólica, “e desde hai case ano e medio que as obras de mellora da estrada permanecían paralizadas sen que ninguén no concello saibamos o porqué, nin a Deputación o xustificara”, indicou o alcalde.

Por isto, o mandatario cervense valorou moi positivamente que os responsables a Deputación decidiran retomar as obras “xa que se trata dunha infraestrutura moi necesaria; a cal xa estaba xestionada e programada con anterioridade”. Por último Villares amosou a súa esperanza de que a Deputación continuase estas obras no único tramo que aínda falla por acometer (dende o monolito de San Román ata a Puída).

Exit mobile version