Site icon Crónica3.com A Mariña

A liberalización do Porto de Alcoa a debate en Madrid

FOZ .- Segundo unha nota publicada polo BNG, o xoves 24 de setembro o Congreso dos Deputados debaterá unha proposición non de Lei presentada polo BNG na que se solicita a apertura ao tráfico comercial do dique norte do Porto de Alcoa. Os nacionalistas agardan que todos os deputados elixidos por Galicia apoien a iniciativa.

NOTA DE PRENSA.
Para: Médios de Comunicación de A Mariña
De: BNG da Mariña.
Data: 24/09/08
Asunto: Proposición non de Lei Porto de Alcoa.

O Congreso debate o Xoves 25 a liberalización do Porto de Alcoa

O Xoves 25 de de Setembro o Congreso dos Deputados vai debatir na súa Comisión de Fomento unha Proposición non de Lei presentada polo Bloque Nacionalista Galego no que se solicita a apertura ao tráfico comercial do dique norte do Porto de Alcoa.

Os nacionalistas entendemos que se trata dunha iniciativa dunha enorme trascendencia para a Comarca e para Galiza que no caso da súa aprobación significa restaurar unha situación de inxustiza coa que convive a comarca desde principios dos ostenta e dar satisfación a unha vella reinvidicación do conxunto da Mariña. O BNG non vai entrar na polémica e nas dúbidas que respecto da nosa posición se pretende xenerar desde o Partido Popular, posto que pensamos que diante este tema toca actuar cunha posición de Comarca e de País. Agora ben, a postura dos nacionalistas é clara e foi explicitada polo BNG xa o inicio desta lexislatura, non hai posiblidade de acordo co BNG se non hai compromiso por parte do Ministerio de Fomento con esta actuación.

A práctica política do BNG caracterizase por buscar solucións aos problemas dos cidadáns, non en criar problemas engadidos aos que xa temos enfronte. Neste sentido agardamos a unanimidade de criterio dos representantes galegos diante do que é un acordo do Parlamento e non deixa de sorprendernos a posición do PP que mentras ostentou a xefatura do Goberno non só non fixo nada para que o Porto Comercial de Lugo fose un logro, senón que lle regalou a concesión do porto a multinacional Alcoa. Na mesma liña agardamos altura de miras das forzas políticas para garantir a transferencia a Galiza dos Portos de Interese Xeral que remataría co expolio que significa o actual modelo portuario para Galiza.

Exit mobile version