Site icon Crónica3.com A Mariña

A mostra Áreas Mariñas Protexidas, na aula Pesqueira do porto de Burela

BURELA .- A exposición Áreas Mariñas Protexidas, ubicada na aula de Extensión Pesqueira situada no peirao de Burela, estará aberta ao público todo o mes de setembro, con entrada gratuita. A edil de Mar do Concello de Burela, Remedios López Villar, explicou que a exposición consta de 24 paneis de diferentes temáticas, un audiovisual con imaxes da costa galega, dous ordenadores con programas interactivos, seis puffs con ilustracións de animais e plantas e dous displays nos que se representa en profundidade o fondo mariño.

Nota de Prensa

O XOVES INAUGÚRASE EN BURELA A EXPOSICIÓN ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS.

Burela, 3 de setembro de 2008. A Concellaría de Mar inaugura a exposición Áreas Mariñas Protexidas o vindeiro xoves, 4 de setembro. Estará ubicada na aula de Extensión Pesqueira situada no peirao de Burela e estará aberta ao público en xeral todo o mes de setembro. A entrada será gratuita.
Remedios López, edil de Mar, manifesta que <ten especial interés en que participen os colexios, xa que a finalidade desta exposición é sensibilizar á poboación en xeral arredor da importancia do mar do litoral como recurso esgotable e como patrimonio inmaterial, cultural e económico. Dar a coñecer as áreas mariñas protexidas plantéxase como unha eficaz estratexia de conservación do mar e do litoral e sinala o papel que cada un de nós pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación ou non do mar>.
Segundo explica López Villar a exposición consta de:
24 paneis de diferentes temáticas: os recursos e as ameazas do medio mariño e litoral, a pesca en Galicia, e as áreas mariñas protexidas como ferramentas para unha xestión das pesquerías  e para a conservación da biodiversidade do medio mariño
un audiovisual con imaxes da costa galega e entrevistas a diferentes persoas do sector pesqueiro
dous PCs con programas interactivos
6 puffs de goma espuma con ilustracións de animais e plantas da costa galega
dous displays troquelados, nos que se representa en profundidade o fondo mariño, un dun mar ben conservado e no outro dun mar explotado e degradado.
Lucía Bouza, titular da Delegación de Educación e Medio Ambiente, quere colaborar con este proxecto e por iso pón á disposición dos colexios a posibilidade de facer un percorrido guiado pola exposición coas monitoras da Aula Medioambiental GAIA. Éstas teñen preparadas tres tipos de visita, en función da idade dos/as alumnos/as que visiten a exposición.
Remedios López Villar engade que <desde o Concello de Burela dámola a coñecer a todos os colexios da Mariña, agardando a súa colaboración, xa que nos parece moi interesante>.

Exit mobile version