Site icon Crónica3.com A Mariña

A mostra “AUGA” en Sargadelos prolóngase ate o 31 de setembro

CERVO.- A mostra “Agua”, que permanece aberta ao público dende o pasado 2 de agosto no Museo da Industria de Sargadelos, prolongará a súa estadía ata o vindeiro 31 de setembro.

Segundo explicou a concelleira de Cultura, Chelo Gallego, a exposición -que tiña previsto pechar as súas portas o 29 de mes pasado- recibiu unha moi boa acollida entre os visitantes e o público en xeral “y por eso, tanto los creadores de estas obras, como el Concello, hemos decidido prolongar las fechas” sinalou. Gallego Prieto salientou tamén que a colaboración xurdida entre o “Outro” e o Concello con esta mostra pode dar lugar a outro tipo de actividades e ofertas culturais. “Creo que ha sido muy beneficioso y frutífero tanto para los artistas, que han podido disponer de unas instalaciones de primera línea; como para el Ayuntamiento, cuyo objetivo primordial es dar a conocer y potenciar los distintos aspectos culturales entre sus vecinos y visitantes” dixo.

O colectivo “Outro” xordeu hai dous anos ao abeiro da convivencia dos seus integrantes na escola libre de Sargadelos. Está conformado por creadores multidisciplinares e artistas de diferentes países. No seu curto tempo de vida “Outro” conta con exposicións en lugares coma Vilalba (Lugo), Marratxi (Mallorca), Santa María dá Feira (Portugal) e en Aveiro (Portugal).

Nesta exposición “Outro” presenta obras baixo o tema da auga coma denominador común. As pezas que se expoñen buscan a reflexión do público sobre a auga coma elemento vital e fonte de vida. Os traballos amosados en Sargadelos abarcan, pois, diferentes visións -dende a critica á poética- a través de formas, cores e texturas, có obxectivo de trasladar aos ollos do visitante o enorme poder sedutor que a auga ten sobre todos nós.

A exposición, na que colabora o Concello de Cervo a través da súa delegación de Cultura, permanecerá aberta ata o 31 de setembro de martes a sábado de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas.

Exit mobile version