Site icon Crónica3.com A Mariña

A seguridade dos edificios depende da climatoloxía

A MARIÑA.- Despois da vaga de incendios que queimou Galicia no ano 2006, a Xunta aprobou a Lei 3 de 2007 na que se especifica que o arboredo e o mato denso non pode medrar a menos de 50 metros das edificacións. A día de hoxe esta lei non foi aplicada pola administración galega, unhas veces pola súa dificultade e outras porque resulta política e socialmente impopulares fronte aos donos das fincas. Así fronte a miles de denuncia a Xunta semella ter unha actitude de pasividade, dado que as condicións climatolóxicas destes anos foron favorables para previr incendios. Así que se non houbo desgracias hai que agradecerllo á providencia do clima e non ás actuacións das Consellerías implicadas e tampouco ao interese dos alcaldes, que deixas facer para non enfrontarse cos veciños. Que Santa Bárbara nos axude.

Exit mobile version