Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pagará as expropiación pola traída de augas aos afectados de Rúa e Senra

BURELA .- Hoxe celebrouse unha nova xuntanza do Consorcio do Abastecemento de Auga a Cervo e a Burela, na que por unanimidade, segundo explica o alcalde de Burela, Alfredo Llano, “procedeuse a prorrogar o orzamento e a analizar o pago dun programa informático específico para o consorcio. Tamén abordamos as expropiacións dos terreos da ETAP de Rúa e Senra… o consorcio non ten facultade para pagar indemnizacións deste tipo polo que se recorre a unha liña de crédito da que se responsabiliza a Xunta de Galicia”.

O rexedor engade que as obras de abastecemento “marchan a bo ritmo e tentaremos que os prazos establecidos se cumpran”. Na vindeira xuntanza do Consorcio “visitaremos a sede da instalación en San Román para dotala de mobiliario e comezar a traballar alí en breve”.

Premio Blanco Amor

O alcalde de Burela manterá un encontro o vindeiro luns ás dez e media da mañá co escritor Darío Xoan Cabana para a organización da entrega do premio Eduardo Blanco Amor que Burela acollerá o vindeiro ano.

Pleno

No pleno celebrado onte no Concello, aprobouse por unanimidade unha moción presentada polo PP relativa ao incremento do financiamento das administracións locais por parte do Estado. Llano asegura “que o equipo de goberno presentou unha emenda que foi incluída nesa moción e que finalmente foi aprobada por todos os grupos políticos. Foi rexeitada a moción referida ao ferrocarril e tamén a que pedía a adopción de medidas para afrontar a crise. Neste último caso seremos nós, o goberno municipal, os que realizaremos esas propostas que se aplicarán nos orzamentos do vindeiro ano. Na sesión tamén se rexeitou outra moción presentada a última hora sobre a regulación dos horarios das instalacións deportivas en Burela”.

Exit mobile version