Site icon Crónica3.com A Mariña

Arquivada a denuncia dunha viciña contra o alcalde de Barreiros

BARREIROS .- O xulgado de instrución nº 1 de Mondoñedo decidiu o sobreseimento provisional e o arquivo da denuncia presentada por unha veciña contra o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, por presunta malversación de fondos públicos. O rexedor, que coñeceu a última hora da tarde de onte o auto xudicial, amósase satisfeito.

Alfonso Fuente asegura que <evidentemente nunca tiven nada que ocultar en ningún proceso xudicial  e de feito aquí temos o sobresemento e o arquivo da causa, polo tanto quere decir que non haberá xuízo porque non quedou probado que houbese malversación por ningún lado>. O rexedor mantén <o que dixen desde o primeiro día, que ía ser tremendamente respectuoso coa xustiza e a xustiza acaba de sacar ese auto coma resposta a esa denuncia>.

Fuente Parga lembra que <sempre tiven un grande respecto cara esa veciña porque entendía que a persoa que denunciaba non era a que estaba detrás da denuncia, senón que obedecía a un motivo persoal dun anterior ex xefe, que os seus motivos terá para emprender accións contra min, contra o alcalde e metendo ó Concello polo medio.

O alcalde de Barreiros lamenta e lembra <como desde o BNG se cargou contra o alcalde neste asunto e eu sempre dixen que habería que agardar a ver o que dixera a xustiza e o que di está neste auto. O voceiro do BNG no Concello agora terá que comerse as súas palabras porque tiña moi claro que eu beneficiara a un particular e o propio auto di que non hai nada de nada>.

Exit mobile version